BENVID@S!!! COMEZA O CURSO 2014-2015!!!

 

GRAZAS PROFE PILAR

 
Durante este curso o blogue non funcionou debido a chegada de Alba, a miña filla pequeña, xa que estiven de baixa, pero os nenos e nenas de Relixión non pararon de aprender e facer cousas preciosas coa profe Pilar, aquí tedes algunas destas cousas.

 
       
 
 
           
 
         
 
           

DESPEDíMONOS CON PARÁBOLAS

Por fin chegaron as tan ansiadas vacacións e con elas a hora de despedirnos ata o vindeiro curso.
Este ano rematamos falando das parábolas de Xesús, por iso quero deixarvos como despedida esta parábola do gran de mostaza (o prometido é débeda). 
Espero que gocedes moito do verán e que volvades en setembro coas "pilas ben cargadas" e para os de 6º que xa nos deixan desexarlles todo o mellor, seguide sendo grans de mostaza alí onde vaiades.

Moitos bicos e bo verán.





FELIZ PASCUA!!!

Por fin chegou o tempo Pascual, este domingo de Pascua os cristiáns celebramos que Xesús venceu a morte e resucitou para lembrarnos que nos quere e que sempre vai estar connosco e por iso nós estamos moi ledos.
Aquí tedes outro vídeo sobre unha visión especial da Pascua, espero que gocedes del.
Feliz Pascua a tod@s!!!



SEMANA SANTA

Xa queda moi pouco para a SEMANA SANTA, unha semana moi especial para os cristiáns, porque nela recordamos os diferentes momentos que viviu Xesús na súa última semana na terra ... da ledicia do Domingo de Ramos pasamos a tristura do Venres Santo, para finalmente acabar cunha euforia total ante a resurrección de Xesús o Domingo de Pascua.

Deíxovos cun vídeo moi simpático de Holy Moly sobre o Domingo de Ramos co que comezamos esta semana e o Xoves Santo.






Agora veremos un recorrido desta Semana Santa da man de Fano, espero que vos guste.








CHEGA A CORESMA

Este mércores cinco de marzo comezou a Coresma, un tempo dentro do calendario litúrxico especialmente adicado a renovar o noso interior e deixar atrás as cousas que non nos gustan de nós ou que nos afastan de Deus e das persoas que queremos.
As veces tamén o noso corazón necesita pasar por "chapa e pintura" para saír limpo e relucente.




Pero... en que consiste a Coresma? Seguro que tod@s atoparedes as respostas axeitadas neste pasapalabra que atopei, cantos máis acertos mellor, ánimo e a xogar!!!



Aquí tedes un enlace a uns contos para reflexionar sobre este tempo, espero que gocedes deles.


http://www.slideshare.net/anare/cuentos-cuar








CONCURSO DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da non violencia e da PAZ. Dende a clase de Relixión pensamos que a paz xunto co amor deben ser os motores do noso mundo, por iso, nesta data celebramos un concurso no que o alumnado amosa a súa creatividade á hora de representar a importancia deste día. Aquí tedes un resumo do concurso deste ano 2014.




ENTREGA DE PREMIOS NO CEIP TIRÁN





ENTREGA DE PREMIOS NO CEIP SEARA

NORABOA A TOD@S!!!

NADAL 2013

Neste Nadal tanto os nen@s do CEIP Seara como os do CEIP Tirán fixeron un belén especial no que as personaxes do mesmo e algúns elementos foron feitos por eles mesmos. Ademais no CEIP Seara contamos coa participación dos nen@s de Relixión Evanxélica que tamén aportaron o seu gran de area no belén. Con un pouco de retraso aquí vos amosamos as fotos, esperamos que vos gusten.


NADAL CEIP SEARA


      
NADAL SEARA 2013 
;                

                                 




NADALCEIP TIRÁN



NADAL TIRÁN  



BENVID@S AO CURSO 2013-2014!!!

Benvid@s a este novo blog. Aquí atoparedes actividades que fagamos na clase de Relixión Católica, os vosos traballos  e moitas ideas e recursos que fagan posible sementar ilusións entre tod@s.