Mostrando entradas con la etiqueta MES DE MARÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES DE MARÍA. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas! Que tal foi o día da nai? Gustoulle o voso agasallo? Seguro que sí, porque sodes uns e unhas artistas, de feito, moit@s de vós compartíchedes conmigo o voso agasallo e quedaron tan preciosos que farei unha entrada só para amosalos. 

Como dixemos a semana pasada, estamos no mes de maio, o mes da Virxe María e neste mes sempre sacamos as acuarelas e facemos un retrato de María rodeada de flores, este ano non pode ser menos, así que invítovos a sacar o que teñades (ceras, rotus, acuarelas, témperas, pegando papeis de revistas, ...) e facer este debuxo pero enriquecido con flores ou algunha poesía para María. 


Ao longo do ano, celebramos diferentes festas na igrexa, algunhas delas refírense á vida de María: a  Natividade, a Anunciación, a Visitación, a Asunción, entre outras.
Aquí déixovos unha canción moi sinxela e bonita, que podedes aprender,..., alguén pode decirme de que momento da vida de María fala ou a que festa refírese??? Espero as vosas respostas. 
Unha aperta e un bico grande para tod@s!!!





SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS CHICAS E CHICOS DE RELI!!!
COMO ESTADES??? ESPERO QUE MOI CONTENTOS DE PODER SAÍR UN RATIÑO DE CASA E DAR UN PASEÍÑO.
ESTA SEMANA EMPEZA O MES DE MAIO, UN MES MOI ESPECIAL, PORQUE É O MES DAS FLORES E DE MARÍA, LEMBRADES QUEN ERA MARÍA? CLARO, A MAMÁ DE XESÚS, E EL QUISO QUE COIDARA TAMÉN DE TODOS NÓS, POR ISO DECIMOS QUE É MAMÁ DE XESÚS E TAMÉN A NOSA MAMÁ DO CEO.

DÉIXOVOS UN VÍDEO CURTIÑO SOBRE ELA DENDE ANTES DE NACER E UNHA CANCIÓN SOBRE O QUE RESPONDEU CANDO DEUS A ELIXIU PARA SER A MAMÁ DE XESÚS. ESPERO QUE VOS GUSTE.






E PARA REMATAR DÉIXOVOS UNS DEBUXIÑOS DE MARÍA, DOS QUE PODEDES ELEXIR UN E DECORAR COMO MÁIS VOS GUSTE, OU FACER OS VOSOS PROPIOS E OS MÁIS MAIORES TAMÉN PODEDES ESCRIBIRLLE ALGO BONITO OU INVENTAR UNHA POESÍA. 







POR CERTO, ESTE DOMINGO CELEBRAMOS O DÍA NAS NAIS, EU CONVÍDOVOS A FACERLLE UN DEBUXO BONITO OU UNHA SORPRESA COMO LEVARLLE O ALMORZO A CAMA, OU QUE SEXA UN DÍA NO QUE MAMÁ NON TEÑA QUE FACER NADA...XA ME CONTAREDES QUE FIXECHEDES. 

UN BICO MOI GRANDOTE PARA TOD@S VÓS E PARA AS VOSAS MAMIS!!!