Mostrando entradas con la etiqueta 5º DE PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º DE PRIMARIA. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 4º E 5º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas!Como seguides? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

Un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema onde está moi ben explicado, espero que vos guste.






Para rematar déixovos un xogo sobre o que acabamos de ver, espero que vos guste. Moitos bicos e apertas para tod@s!!!



SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, 5º e 6º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas de 5º e 6º? Que tal vamos? Supoño que a estas alturas disfrutando xa do bo tempo e desas pequenas reunión cos amigos e coa familia...e falando de familia, quero acabar o mes igual que cando o empezamos, falando de María, porque o mes de maio, como tod@s sabedes é ese mes que dedicámoslle a María, por iso imos falar dalgunhas festa importantes adicadas a Virxe María.
.
Pois xa desde antes do seu nacemento María fora a elexida para ser a nai de Xesús, e por iso o 8 de decembro celebramos a festa da INMACULADA CONCEPCIÓN, na que lembramos que desde que María empezou a formarse no ventre da súa nai, era inmaculada, é dicir, limpa, sen pecado, naceu sen esa herencia que tod@s temos dos nosos primeiros pais, Adán e Eva, o pecado orixinal.

O 8 de setembro celébrase a festa da NATIVIDADE, que non podedes confundir co nadal, na natividade lembramos o nacemento de María, mentres que no nadal lembramos o nacemento de Xesús. Por certo ¿sabedes como se chamaban o papá e a mamá de María? A ver quen o descubre.

O último día que faleivos de María deixeivos unha canción moi bonita, espero que a aprendérades, nesa canción falábase dunha das festa que ao longo do ano dedicámoslle a María, a ANUNCIACIÓN, que tal como di a palabra e a festa na que lembramos que o anxo Gabriel anuncioulle a María que ía a ser a nai de Xesús, o fillo de Deus, esta festa celébrase o 25 de marzo.

O último día desta semana, o 31 de maio, celebramos a festa da VISITACIÓN, cando soubo que estaba embarazada, decidiu ir visitar a sús curmá Isabel que tamén estaba embarazada e tres meses máis tarde tería a San Xoán, o curman de Xesús, máis coñecido como Xoan Bautista. Alí quedouse con Isabel para axudala, pero no momento xusto no que se saludaron, Isabel notou algo especial e díxolle: "Deus te salve María, chea eres de graza, o Señor é contigo, bendita ti eres entre todas as mulleres e bendito é o froito do teu ventre, Xesús". Sónanvos estas palabras? Como se chama esta oración? Xa tedes dúas preguntas reto.

Para acabar coas festas fálovos da ASUNCIÓN é a festa que lembra que María subiu ao ceo en corpo e alma, non só coa alma e que celébrase o 15 de agosto. 

Pois estas son algunhas, porque hai moitas máis, das festas adicadas a María, espero que estivérades ben atent@s porque agora toca emparellar as imaxes destas festas co nome e a data.
Festas de maría, una ficha interactiva de Gemmacj7
liveworksheets.com



Ademais neste mes sempre sacamos as acuarelas e facemos un retrato de María rodeada de flores, este ano non pode ser menos, así que invítovos a sacar o que teñades (ceras, rotus, acuarelas, témperas, pegando papeis de revistas, ...) e facer este debuxo ou outro voso personalizado, pero enriquecido con flores ou algunha poesía para María. 


Por último déixovos unha canción moi sinxela e bonita, que podedes aprender,..., alguén pode decirme de que momento da vida de María fala ou a que festa refírese??? Espero as vosas respostas. 

Unha aperta e un bico grande para tod@s!!!



SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA

Bo día a todos e todas!!!

Que tal estades? Espero que ben, estamos tendo un tempo estupendo para gozar da familia ou amig@s, así que aproveitade.

A semana pasada foi moi especial, por un lado o mércores, 13 de maio, foi o día da Virxe de Fátima e con tal motivo, fixen unha entrada para lembrarvos a súa historia no blogue de Reli. Isto pasou no noso país veciño, Portugal, así que está ben coñecer esa historia.


Por outro lado, sei que tod@s fixéchedes cousiñas adicadas ao autor homenaxeado este ano co motivo do Día das Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero. Pois dende Reli lánzovos unhas preguntas moi doadas:
- Que sentimento amosa no seu conto "As pitas baixo a choiva"?
- Que momentos da vida de Xesús ou parábolas que cotara falan dese sentimento?

Podedes contestarme cun vídeo, cun audio, cun escrito, cun debuxo, como prefirades. Déixovos unha versión moi especial do conto abaixo, espero que vos guste e agardo as vosas respostas. Ata pronto!!!




SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas de 5º!!!

Esta semana xa poderemos achegarnos máis á familia e @s amig@s, gozade moito deles, pero lembrade, sempre con precaución, é polo ben de tod@s.

Por fin, despois dun mes, rematamos o noso lapbook, como sempre déixovos imaxes do meu, espero que compartades os vosos conmigo, foi un gran traballo, pero mereceu a pena e sodes uns artistas.

 


Hoxe déixovos para facer algo de repaso final da Biblia moi sinxelo, como sempre podedes mandar a solución ao meu correo electrónico: raisacj7@gmail.com


Actividades sobre la Biblia., una ficha interactiva de Isaparra
liveworksheets.com


Moitos bicos e moito ánimo!!!

SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA

Bo día!!!Que tal a celebración de onte? Espero que gozárades moitos das vosas nais, son un gran tesouro, e, por suposto, que lles gustara moito o agasallo que moit@s fixéchedes de Reli, de feito, quedaron tan bonitos, que teño unha entrada pendente con eses traballos, que hoxe publicarei.

Imos continuar coa proposta de facer o lapbook, a semana pasada completamos quen a cando escribiuse a Biblia, e esta semana tocarían os últimos puntos:

4. En que lingua escribiuse a Biblia?
5. Como buscar unha cita bíblica?

Como sempre sabedes que podedes buscar a información AQUÍ, no Prezzi que presenteivos en clase sobre o tema da Biblia.

Tamén déixovos os puntos da semana pasada feitos por min no meu lapbook, algunha alumna fixo un lapbook estupendo, pero publicareinos cando rematemos tod@s @s que os están facendo a semana próxima.







Para rematar déixovos cunha parábola de Xesús destas que vos gustan tanto e cunha pregunta...en que libro da Biblia está esta parábola? Moi sinxela, verdade? Xa me contaredes.
Feliz semana!!!







SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Ola de novo!!! Como seguides??? Supoño que content@s, despois do paseo de onte e sabendo que hoxe tamén ides poder gozar dese ratiño de liberdade, acompañados polas persoas que máis vos queren, verdade??? O tedes ben merecido!!!

Ademais, esta semana comeza o mes de maio, un mes moi especial en Relixión, porque o adicamos a nai de Xesús e nosa nai do ceo, María, unha muller que foi un exemplo de valentía, porque aínda que Deus pediulle algo moi complicado, ser a nai do seu Fillo, ela dixo :SI!!!



 Debuxos de Juan Ferrándiz Castells.




O primeiro domingo de maio, este ano o día 3, celébrase o Día da nai, e igual que comentei cando foi o día do pai, con motivo desta data, en clase de Relixión, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo a nosa nai.

Tamén quero recordarvos aos que non contades coa vosa nai en casa pola razón que sexa, podedes gardarllo ou podedes adicarlle este agasallo á persoa que pensades que o merece no seu lugar, a vosa avoa, a vosa madriña, tía...ou a persoa que coida de vós habitualmente...é unha bonita forma de agradecerlle ese agarimo que nos dá e facerlle chegar unha mensaxe: Grazas eu tamén te quero. 

A proposta deste ano é a seguinte:




E aquí déixovos, como sempre, a miña versión, é moi parecida, só engado unha mensaxe. Se non tedes folios de cores, podedes aproveitar un papel de agasallo ou unha bolsa dunha de papel para a parte verde e as flores, en todo caso, mellor con folio que con cartolina. Tamén quedaríalle ben un lazo no tallo.
Se queredes compartir conmigo o resultado final da vosa manualidade, xa sabedes, mandade a foto a: raisacj7@gmail.com







Outras ideas bonitas para facer ese día poden ser:
- Preparar un almorzo especial e ben decorado e levarllo á cama.
- Regalarlle unha masaxe, feita por vós, claro!
- Ofrecerlle un servizo de limpeza," hoxe non limpas ti!"

Pois estas son algunhas ideas que podedes facer para celebrar ese día. 
Mándovos unha gran aperta e moitos bicos. 
Feliz semana!!!





SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL, QUINTO DE PRIMARIA


Bos días a todos e a todas!!!
Como seguimos???Espero que ben, como vexo que ningún nin ningunha atreveuse a iniciar o seu lapbook sobre a Biblia, pensei que quizáis o vedes moi complicado ou non tedes material, ou impresora, así que decidín facelo eu tamén so con folios, rotuladores de cores e papeis de agasalllos vellos que tiña por casa.
Había que intentar facer os dous primeiros puntos que eran:
1. Que é a Biblia?
2. Partes e libros.

Agora engadiríamos o terceiro punto durante esta semana que era:
3. Quen a escribiu e cando?
Non vou a engadir máis puntos aínda que este é curtiño, porque quero ver se empezades e como ides. Para contestar a esto repasade o Prezzi que mandeivos a semana pasada sobre a Biblia.


  




Unha aperta grande e moito ánimo!!!

SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, QUINTO DE PRIMARIA

Ola de novo!!!Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias vos atopedes ben. Esta semana vamos a repasar contidos que xa demos dunha forma diferente, quería propoñervos facer un lapbook en varias sesións, xa que leva tempo. Sabedes o que é un lapbook??? Seguro que si, pero por se alguén non se lembra, imos recordalo cun vídeo.




Vale, xa lembramos como facelo e neste vídeo nos din que primeiro teñades en conta o contido, neste caso imos traballar sobre a presentación que eu vos puxera sobre a Biblia, que AQUÍ vos deixo tamén. Se non tedes material para realizar o lapbook, non vos preocupedes, podedes ver a presentación, inventarvos posibles preguntas de cada apartado e escribilas coas respostas por detrás para facer un xogo de mesa para practicar coas vosas familias.

O primeiro paso sería ver os puntos que tería o noso lapbook, neste caso podería ser:
1. Que é a Biblia?
2. Partes e libros.
3. Quen escribiuna e cando?
4. En que lingua escribiuse?
5. Como buscar unha cita bíblica?

Como o imos facer en varios días ,esta semana poderíamos dedicarnos a os dous primeiros puntos, que poderían ocupar a parte central e a parte esquerda do noso lapbook.

Para escribir a información déixovos diferentes plantillas que vos poderedes usar como mellor se adapte á información que vai recoller cada unha, non tedes que imprimir todas, so as que vos interesen, se non tedes impresora a man podedes intentar reproducilas vós mesm@s, algunhas son moi sinxelas.

 

             



                         

 

Tamén podedes engadir imaxes como as que eu puxen na presentación de prezzi, podedes intentar copialas, sempre quedan mellor feitas por vós, pero tamén déixovos algunhas aquí.



Espero que vos guste a proposta e que vos sirva para repasar o contido, para a semana continuamos. Unha aperta forte e moito ánimo.


SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, 5º DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

Ola de novo a tod@s!!!Como estades? Espero que ben, esta cuarentena ten que servirnos para valorar as nosas familias, que nos fan máis levadeiros estes días e a nosa rutina diaria...as clases, @s compañeir@s, as actividades..., oxalá pronto voltemos ao cole, pero mentres moito ánimo e continuamos.
Como sabedes, estamos a piques de rematar a Coresma, porque o domingo que ven é o Domingo de Ramos, lembrades o que celebramos neste día? Por que levamos ramas de palmeira ás igrexas o domingo de Ramos?
Ademáis co Domingo de Ramos comeza a Semana Santa, unha semana moi especial na que lembramos a última semana de Xesús cos seus discípulos na terra, antes de morrer e resucitar. Imos ver un vídeo que nos fala disto e despois déixovos unhas preguntas sobre o vídeo. Espero que gocedes del.


CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO.


Aquí tedes unha canción de Valiván, que amosa o sentido cristián do servizo, da entrega de Xesús aos demáis, xa antes de dar a súa vida por todos nós, cun xesto moi humilde, lavar os pes aos seus discípulos, amósanos esa actitude de servizo que todos nós debemos ter coas persoas que nos rodean.





Por último déixovos un vídeo que me encanta e teredes visto algunha vez, aínda que non está de máis lembralo..."¿Cúal es la mayor locura de amor que han hecho por ti?" 







FELIZ SEMANA SANTA A TOD@S, FALAMOS Á VOLTA!!!


SEMANA DO 23 AO 27 QUINTO DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP DE TIRÁN

Bos días a tod@s! Xa vedes que, a pesar de non poder ir ao cole, seguimos avanzando e espero que as ganas de aprender e de facer cousas non vos abandonen.

Hoxe déixovos un vídeo que fala dos milagres de Xesús, esas cousas extraordinarias que só El podía facer por ser o Fillo de Deus. No vídeo tamén se ve como falaba coa xente a través das parábolas. Espero que gocedes del e esteades moi atent@s, porque despóis toca traballar un pouquiño.



O traballo que imos facer é moi sinxelo, consiste en elaborar unha lista cos milagres que lembredes e outra coas parábolas e facer un debuxo que se refira a un dos milagres e a unha das parábolas, podería ser algo así.

Espero que andedes ben de memoria e non esquezades ningún milagre e non escatimedes en creatividade con eses debuxos, moito ánimo e pronto voltarei a mandarvos cousiñas. 

Bicos e apertas para tod@s!!!