Mostrando entradas con la etiqueta A EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS! COMO ESTADES HOXE?

QUEDA MOI POUQUIÑO PARA DESCANSAR, ASÍ QUE MOITO ÁNIMO!

HOXE DÉIXOVOS UN VÍDEO CUN CONTO, OUTRO CUNHA CANCIÓN E UNHA MOREA

DE BICOS.





DESPOIS DE VER OS VÍDEOS PODEDES CONTARME CUN DEBUXO COMO COIDADES 

VÓS ESTE MUNDO TAN BONITO, QUE É UN AGASALLO DO NOSO PAPÁ DO CEO?

AGARDO AS VOSAS RESPOSTAS. 

UNHA FORTE APERTA!!!


SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!

QUE TAL ESTADES HOXE? ESPERO QUE MOI BEN.

DÉIXOVOS UN VÍDEO CUNHA SORPRESA, A VER QUE VOS PARECE.

MOITOS BICOS E APERTAS!!!



SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS CHICOS E CHICAS MAIORES!

DÉIXOVOS UN VÍDEO CUN CONTO PINCHANDO AQUÍ...PERO O CONTO ESTÁ SEN REMATAR...

A ACTIVIDADE DESTA SEMANA CONSISTE EN PENSAR CAL PODE SER O FINAL DO CONTO... 



AQUÍ DÉIXOVOS  A SOLUCIÓN, PERO NON PODEDES VELA SEN ANTES PENSAR CAL PODE SER ESE FINAL... E SE O DESCUBRIDES, POÑELO EN PRÁCTICA.


MOITOS BICOS PARA TODOS E TODAS!

SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS CHICAS E CHICOS DE RELI!!!
COMO ESTADES??? ESPERO QUE MOI CONTENTOS DE PODER SAÍR UN RATIÑO DE CASA E DAR UN PASEÍÑO.
ESTA SEMANA EMPEZA O MES DE MAIO, UN MES MOI ESPECIAL, PORQUE É O MES DAS FLORES E DE MARÍA, LEMBRADES QUEN ERA MARÍA? CLARO, A MAMÁ DE XESÚS, E EL QUISO QUE COIDARA TAMÉN DE TODOS NÓS, POR ISO DECIMOS QUE É MAMÁ DE XESÚS E TAMÉN A NOSA MAMÁ DO CEO.

DÉIXOVOS UN VÍDEO CURTIÑO SOBRE ELA DENDE ANTES DE NACER E UNHA CANCIÓN SOBRE O QUE RESPONDEU CANDO DEUS A ELIXIU PARA SER A MAMÁ DE XESÚS. ESPERO QUE VOS GUSTE.






E PARA REMATAR DÉIXOVOS UNS DEBUXIÑOS DE MARÍA, DOS QUE PODEDES ELEXIR UN E DECORAR COMO MÁIS VOS GUSTE, OU FACER OS VOSOS PROPIOS E OS MÁIS MAIORES TAMÉN PODEDES ESCRIBIRLLE ALGO BONITO OU INVENTAR UNHA POESÍA. 







POR CERTO, ESTE DOMINGO CELEBRAMOS O DÍA NAS NAIS, EU CONVÍDOVOS A FACERLLE UN DEBUXO BONITO OU UNHA SORPRESA COMO LEVARLLE O ALMORZO A CAMA, OU QUE SEXA UN DÍA NO QUE MAMÁ NON TEÑA QUE FACER NADA...XA ME CONTAREDES QUE FIXECHEDES. 

UN BICO MOI GRANDOTE PARA TOD@S VÓS E PARA AS VOSAS MAMIS!!!



SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a todos e todas, como estades? Espero que moi ben, aínda que seguimos agardando que ese virus pillín nos deixe saír e disfrutar da nosa familia e dos nosos amigos e amigas. E falando de amigos, espero tamén, que esta Semana Santa, pensárades no  noso amigo Xesús, El deuno todo por amor aos seus amigos.
Déixovos un vídeo que fala dunha emocionante búsqueda dun tesouro dun grupo de amigos...a ver que vos parece...


Seguro que despois de ver este vídeo entendedes que o tesouro máis importante son os e as amig@s.
A miña proposta para esta semana é debuxar a ese amigo ou amiga especial, xunta a nós, Xesús e Deba. Aquí vos deixo o debuxo que fixen eu, podería ser algo así, ou debuxalos vós mem@s xuntiños e facerlle un marco bonito, os maiores tamén podedes intentar escribir unha cousa que vos guste dos vos@s amig@s...




 Feliz semana e moitos bicos e apertas!!!






SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, EDUCACIÓN INFANTIL CEIP SEARA E CEIP P.DE TIRÁN

Bos días chicos e chicas de Infantil, esta semana decidín enviarvos un vídeo para vernos, non é o mesmo, pero espero que vos guste.






Tamén déixovos esta canción para que a cantedes cando vaiades a lavar as mans, a ver se a aprendedes!!!



Propóñovos facer nun folio, debuxados e decorados, os pasos para lavar ben as mans, se queredes podedes facelo coa axuda das vosas familias sacando fotos a cada paso:

1º Subir ben as mangas da camiseta para non mollarte.
2º Botar auga nas mans.
3º Coas mans ben molladas botar xabón e frotar ben por toda a man.
4º Quitar o xabón con auga abundante.
5º Secar ben as mans.




Seguro que Deba e Xesús alégranse moito de que lavedes ben as mans para coidarvos e coidar as persoas que vos rodean.


A semana que ven, é unha semana moi especial para @s amigos e amigas de Xesús, é a Semana Santa, gozade desta semana descansando, compartindo moitos momentos en familia e á volta vémonos con máis cousiñas. Unha manualidade bonita para facer é a nosa propia palma, a ver se algún de vós atrévese a facela.





Vémonos á volta, un bico ben grandote para todos e todas!!!!



SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO CEIP SEARA E TIRÁN INFANTIL E 1º E.PRIMARIA

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA

Empezamos a segunda semana de cuarentena con ganas de continuar aprendendo cousiñas de Reli. Estes días están xurdindo moitas iniciativas bonitas para apoiar as persoas que fan que poidamos estar a gusto nas nosas casas ( persoal de supermercados, farmaceutic@s, camioneiros...) e ao persoal que coida das persoas que se atopan mal como é o persoal sanitario.
Unha desas iniciativas consiste en debuxar un arco da vella e escribir nel unha mensaxe positiva, de agradecemento ou a recomendación de quedar na casa.





Este arco da vella ten relación coa Biblia, xa que, na historia de Noé, Deus está moi triste, porque o fermoso mundo que creou está a ser destruido polas persoas, que se volveran malvadas...pero...non todas, Deus atopa a Noé, un home bo ao que encárgalle a misión de construir unha arca para salvarse, xunto a súa familia e os animais do diluvio que arrasará a terra.
Cando todo remata o arco da vella simboliza o pacto que Deus fixo con Noé de que non volvería a mandar unha inundación.
Déixovos un vídeo que conta esta historia e despóis unha canción que teredes que cantar...e bailar!!!Así non esqueceredes a historia de Noé.
Tamén propoño que, si non o tedes feito, fagades o arco da vella, engadindo unha palabra ou frase bonita de ánimo, en Infantil, e unha recomendación tamén en 1º de Primaria.






Espero que vos gustaran os vídeos e que cantárades e bailárades moito. Ide gardando os debuxos ou traballiños que fagades e a volta o veremos xuntos. Tamén déixovos unha manualidade, máis para os de 1º para decorar o voso cuarto, só tedes que decorar recortar e pegar os animais subindo á arca, se non tedes impresora na casa, non vos preocupedes, podedes debuxalos vos mesmos, seguro que quedarán moito máis chulos. Moitos bicos!!!




PD: Non vos preocupedes por Deba, está coidando o cole con Xesús e durmindo un montón...