TERCEIRA AVALIACIÓN

Ola a todos e todas, xa deu comezo a terceira avaliación e ata novo aviso, o curso continúa de forma telemática.

Por iso, seguirei mandando propostas de actividades sinxelas e de repaso, a través do blogue para o alumnado do CEIP Seara.
En canto ao CEIP Plurilingüe de Tirán, a partir de agora, mandarei todo ao Classroom, aínda que podedes visitar o blogue, como sempre.

Tamén intentei mellorar a organización do blogue, na barra lateral dereita podades atopar o curso que busquedes e engadín unha dirección de correo (raisacj7@gmail.com) na barra superior en CONTACTO para poder comunicarvos conmigo.

Además, para facilitar o seguimento, mandarei as propostas os luns ou os venres e así, non teredes que estar tan pendentes. Os traballos que non mandedes, gardádeos xuntos para entregarmos cando isto remate.

Son consciente de que moit@s de vós non tedes Internet, ordenador, material ou axuda na casa para levar a cabo as tarefas, iso sen contar as experiencias que estaredes a vivir, así que o principal é que esteades ben e que este tempo compartido coas vosas familias o lembredes sempre como o mellor desta experiencia.

Espero de corazón que, coa axuda de Deus, tod@s vós e as vosas familias, esteades ben e que o levedes o mellor posible e confío na vosa vontade para, se tedes recursos e ganas,ver as propostas que vos mando e facelas na medida do posible, sen agobios.

Unha aperta grande grande, moitos bicos e moito ánimo!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario