NADAL 2015




E por fin chegou a época máis esperada por tod@s, o Nadal, no que celebramos o nacemento de Xesús, ese amigo, que sempre nos acompaña nas clases de Relixión, que nos achega unha caricia, un sorriso, un anaco da súa historia, onde viviu, quen foi, por que marcou un antes e un despois na vida das persoas que se achegaron e se achegan a el...
Aquí tedes un resumo dos traballo que fixeron o alumnado do CEIP de Seara e do CEIP de Tirán, grazas a tod@s por compartir a vosa creatividade e facer algo tan bonito.
Feliz Nadal!!!


ADVENTO 2015



Como cada ano, este é un tempo ben acollido polos nenos e nenas, xa que saben que durante as catro semanas que dura o Advento, preparámonos para a chegada do Nadal, sendo esta, unha das festas máis agardadas e especiais para grandes e cativos.
Neste curso, como non podía ser menos, contamos co noso calendario de Advento, que nos marcaba una tarefa para realizar cada día, houbo moitos retos...pero superamos todos!!! Noraboa!!! Aquí nos tedes lendo algunha desas tarefas:



Isabel e Yoel, alumnado de 2º de E.P. do CEIP Seara.




Darío e Saray Pena, alumnado de 2º de E.P. do CEIP Seara.



Ademais, cada neno e nena tiña o seu propio calendario de Advento, de mandalas, estrelas ou coroas de Advento, no que ían marcando os días e as semanas nas que estaban, para saber así as que faltaban para a data que esperábamos, o Nadal.

Asimesmo, os nenos de 2º e 3º do CEIP de Tirán fixeron a súa propia coroa de Advento con tubos de papel hixiénico e cada semana que pasaba acendíamos unha vela con plastilina. Quedaron así de chulas:




Coroa de Advento do alumnado de 2º de E.P.do CEIP de Tirán.


Ainoha, Nico, Dani, Eva González, Mauro, Dolo, Telma, Eva Piñeiro, Roi y Pedro.
Alumnado de 2º de E.P. do CEIP de Tirán.


Iker, Uxía, Irene, Mara, Gabriel González, Gabriel Carrera y Elena.
Alumnado de 3º de E.P. do CEIP de Tirán.

CURSO 2015 - 2016

Benvid@s a un novo curso que comeza cargado de ganas, ideas, ánimo, esperanza e sobre todo de moita ilusión, porque os nenos e nenas son o motor deste blogue que funciona coa súa ilusión por facer, por descubrir, por aprender, por compartir... así que, preparádevos que arrancamosssssss!!!