Mostrando entradas con la etiqueta ABRAHAM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ABRAHAM. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 20 AO 24, PRIMEIRO DE PRIMARIA, SEGUIMOS CON ABRAHAM

Bos días chic@s maiores de primeiro? Como estamos hoxe? Espero que moi ben e coa alegría de poder saír da casa dentro de moi pouquiño, polo menos durante un rato.
Abraham tamén sentiu unha profunda alegría cando viu como ao longo da sús vida se ían cumprindo as promesas que Deus lle fixera.
Imos comprobar se vos lembrades da historia con esta actividade interactiva que podedes facer dende o ordenador.

Abraham, an interactive worksheet by Mariajo1964
liveworksheets.com

Para rematar déixovos a canción de "El padre Abraham" que sei que vos gusta moito, pero tedes que bailala e cantala, eh!
Moitos bicos e unha aperta forte!!!

SEMANA DE 13 AO 19 DE ABRIL, 2º DE PRIMARIA

Ola de novo chicas e chicos de segundo!!! Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias os atopedes ben e que aproveitedes este tempo para darvos moitos biquiños e apertas, son tan importantes estas mostras de agarimo!!!
Os personaxes que coñecimos da Biblia, igual que Xesús, amosaban o seu amor a Deus a través da oración, falaban con El, pedíanlle de corazón que os axudase e o máis importante de todo... confiaban nel.

Lembrades a quen lle chamaban "O pai da fe"?...si!!! Era a Abraham, porque el pasou moitas probas (saír da súa casa, marchar sen saber a onde...) pero sempre confiou en Deus. Imos lembrar a súa historia.

Propóñovos facer unha destas sinxelas actividades que podedes debuxar vós mesmos e vanvos lembrar esta historia. Déixovos tamén as plantillas abaixo.
 Ademáis rétovos a practicar coa vosa familia aquel xogo de confianza que fixéramos na clase deixándonos caer hacia adelante e atrás onde estaban os compañeir@s, lembrádesvos? Aquí non é exactamente igual, pero tamén volo deixo.
Moitos bicos e unha aperta ben grandota!!!

SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, PRIMEIRO DE PRIMARIA

Ola de novo chicas e chicos de primeiro!!! Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias os atopedes ben e que aproveitedes este tempo para darvos moitos biquiños e apertas, son tan importantes estas mostras de agarimo!!!
Os personaxes que estábamos coñecendo da Biblia, igual que Xesús, amosaban o seu amor a Deus a través da oración, falaban con El, pedíanlle de corazón que os axudase e o máis importante de todo... confiaban nel.

Lembrades a quen lle chamaban "O pai da fe"?...si!!! Era a Abraham, porque el pasou moitas probas (saír da súa casa, marchar sen saber a onde...) pero sempre confiou en Deus. Imos lembrar a súa historia.

Propóñovos facer unha destas sinxelas actividades que podedes debuxar vós mesmos e vanvos lembrar esta historia, déixovos as plantillas debaixo.