Mostrando entradas con la etiqueta 2º DE PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º DE PRIMARIA. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 1º,2º, 3º DE PRIMARIA

Bos días a tod@s!!! Como estamos hoxe??? Supoño que xa empezando a estar nervios@s porque falta moi pouquiño para despedirnos ata setembro, pero polo de agora seguimos adiante.

Xa faláramos de como Xesús naceu en Belén, pero viviu en Nazaré cos seus pais de forma humilde e sinxela ata os 30 anos, a esta idade, deixou a profesión que aprendera con Xosé, (lembrades cal era?, a ver quen o lembra), para empezar a construir o Reino de Deus, porque ese Reino, xa había que empezar a construílo aquí, na Terra...pero como? Con ladrillos, con pedras, con ouro,...non, ese Reino constrúese con AMOR.

Imos ver como era un día normal na vida de Xesús...





Estas ilustracións son da  "Biblia, mira conmigo" onde o autor imaxinou como podería ser un día na vida de Xesús, polo que pon na Biblia. Fixádevos ben nos debuxos e contestade as seguintes preguntas.

Unha delas vouvos axudar eu a contestala con este vídeo espero que vos guste:



Moitos bicos e ata a semana!!!

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas!Como seguides? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

Un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema, é un pouco longo, pero está ben explicado, espero que vos guste.





Para rematar déixovos un xogo moi sinxelo sobre o que acabamos de ver, espero que vos guste. Moitos bicos e apertas para tod@s!!!

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas? Que tal vamos? Supoño que a estas alturas disfrutando xa do bo tempo e desas pequenas reunións cos amigos e coa familia...e falando de familia, quero acabar o mes igual que cando o empezamos, falando de María, porque o mes de maio, como tod@s sabedes é ese mes que dedicámoslle a María, por iso imos falar dalgunhas festas importantes adicadas a Virxe María.

Deus elexiu a María para ser a nai do seu Fillo Xesús e ela aceptóu cumprir a súa vontade.
Para a Igrexa, a Virxe María é a nai de Xesús e a de todos os cristiáns e cristiás á que lle adicamos moitas festas para celebrar momentos importantes da súa vida.

Entre elas está:
- A festa da Natividade para celebrar cando naceu María.
- A festa da Anunciación para celebrar cando o anxo Gabriel anunciulle que ía ser a mamá de Xesús.
- A festa da Visitación para celebrar cando María visitóu a súa curmá Isabel.
- A festa da Asunción para celebrar que María subiu ao ceo co seu Fillo Xesús.

As cristiás e os cristiáns tamén rezamos a María para pedirlle a súa axuda, para darlle grazas, para pedirlle un favor...e cando o facemos utilizamos oracións dedicadas a Ela como o Ave María ou aSalve.

Outra das costumes que temos os cristiáns hacia a nosa nai María é chamala por moitos nomes, aínda que isto adoita confundirnos e hai quen cre que hai moitas vírxes, pero a realidade é que solo está Ela.
Entre os nombres cos que a chamamos está: Virxe do Pilar, Virxe de Fátima, Virxe de Covadonga ou Virxe do Carmen, a patrona da parroquia de Moaña. Ao conxunto dos distintos nomes que poñemos á Virxe chamámoslle Advocacións Marianas.

Ben, despois de todo isto seguro que tedes moita información na cabeza sobre María, imos comprobar se vos quedou todo claro con esta ficha interactiva super sinxela.

Festas de María, an interactive worksheet by Gemmacj7
liveworksheets.com


Unha aperta forte e moitos bicos!!!

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO, 2º DE PRIMARIA

Bo día chicas e chicos de segundo!!!

Como estamos hoxe?, espero que ben, pouquiño a pouquiño imos ganando espacios para compartir coa familia e amig@s, pero lembrade, sempre con coidado e seguindo as advertencias sanitarias.

Hoxe déixovos unha tarefa moi fácil para repasar as persoas que interveñen no bautismo e os signos que se utilizan. Podedes sacar unha captura de pantalla e mandalo ou seguir a opción de mandalo a miña dirección de correo que sería: raisacj7@gmail.com

Como prefirades, mándovos unha morea de bicos e sigue pendente esa publicación das tarxetas e agasallos do día da nai, a ver se é esta semana.

Ata pronto!!!


El Bautismo, una ficha interactiva de rosaliabf
liveworksheets.com

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas! Que tal foi o día da nai? Gustoulle o voso agasallo? Seguro que sí, porque sodes uns e unhas artistas, de feito, moit@s de vós compartíchedes conmigo o voso agasallo e quedaron tan preciosos que farei unha entrada só para amosalos. 

Como dixemos a semana pasada, estamos no mes de maio, o mes da Virxe María e neste mes sempre sacamos as acuarelas e facemos un retrato de María rodeada de flores, este ano non pode ser menos, así que invítovos a sacar o que teñades (ceras, rotus, acuarelas, témperas, pegando papeis de revistas, ...) e facer este debuxo pero enriquecido con flores ou algunha poesía para María. 


Ao longo do ano, celebramos diferentes festas na igrexa, algunhas delas refírense á vida de María: a  Natividade, a Anunciación, a Visitación, a Asunción, entre outras.
Aquí déixovos unha canción moi sinxela e bonita, que podedes aprender,..., alguén pode decirme de que momento da vida de María fala ou a que festa refírese??? Espero as vosas respostas. 
Unha aperta e un bico grande para tod@s!!!





SEMANA DEL 27 DE ABRIL AL 1 DE MAYO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Ola de novo chicos e chicas de Reli!!! Como seguides??? Supoño que moito máis content@s, despois do paseo de onte e sabendo que hoxe tamén ides poder gozar dese ratiño de liberdade, acompañados polas persoas que máis vos queren, verdade??? O tedes ben merecido!!!

Ademais esta semana comeza o mes de maio, un mes moi especial en Relixión, porque o adicamos a nai de Xesús e nosa nai do ceo, María, unha muller que foi un exemplo de valentía, posto que aínda que Deus pediulle algo moi complicado, ser a nai do seu Fillo, ela dixo :SI!!!



 Debuxos de Juan Ferrándiz Castells.




O primeiro domingo de maio, este ano o día 3, celébrase o Día da nai, e igual que comentei cando foi o día do pai, con motivo desta data, en clase de Relixión, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo a nosa nai.

Tamén quero recordarvos aos que non contades coa vosa nai en casa pola razón que sexa, podedes gardarllo ou podedes adicarlle este agasallo á persoa que pensades que o merece no seu lugar, a vosa avoa, a vosa madriña, tía...ou a persoa que coida de vós habitualmente...é unha bonita forma de agradecerlle ese agarimo que nos dá e facerlle chegar unha mensaxe: Grazas eu tamén te quero. 

A proposta deste ano é a seguinte:



E aquí déixovos, como sempre, a miña versión, é moi parecida, engado un borde á páxina e unha mensaxe. Podedes pedir axuda para facer as dobleces da folla, se só estades coa vosa nai, despois a decorades vós sós, para darlle unha sorpresa. 




Se queredes compartir conmigo o resultado final da vosa manualidade, xa sabedes, mandade a foto a: raisacj7@gmail.com

Outras ideas bonitas para facer ese día poden ser:
- Preparar un almorzo especial e ben decorado e levarllo á cama.
- Regalarlle unha masaxe, feita por vós , claro!
- Ofrecerlle un servizo de limpeza, "hoxe non limpas ti!"

Pois estas son algunhas ideas que podedes facer para celebrar ese día. 
Mándovos unha gran aperta e moitos bicos. 
Feliz semana!!!




SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL, MODIFICACIÓN FICHAS DE 2º DE PRIMARIA


Ola de novo. Como descubrín un programa que volve interactivo o que non o era, modifiquei as fichas para que podades facelas online sen ter que imprimir ou escribir, así vanvos resultar máis sinxelas. Perdoade polas molestias.



El bautismo, an interactive worksheet by Gemmacj7
liveworksheets.com



Tamén déixovos a dos símbolos do Bautismo:

Símbolos del Bautismo, an interactive worksheet by Gemmacj7
liveworksheets.com

SEMANA DO 20 AO 24, SEGUNDO DE PRIMARIA

Ola a todos e todas!!! Como estades chic@s maiores de 2º? Espero que, a pesar desta situación, esteades ben e gozando da familia.
Fai unhas semanas mandeivos un vídeo que falaba do bautismo de Xesús e do sacramento do Bautismo, neste vídeo se explicaban moitas cousiñas, hoxe vamos facer dúas fichas que nos explican un pouco máis o que salía no vídeo. Tamén podedes voltar a ver o vídeo.
Hai algunhas palabras que pode que non entendades como...
-Consagrar: converter algo en sagrado, é dicir, dedicalo a Deus.
-Culpa orixinal: aquel primeiro pecado que cometeran Adán e Eva.
-Símbolo: unha cousa ou obxecto que garda relación con outra e ao nombrala lémbrase a outra. Por exemplo, no Bautismo atopamos diferentes símbolos:
1. A auga simboliza limpeza, limpa os pecados e é  o signo de entrar nunha nova vida.
2. O lume, o cirio (vela) significa a la luz de Deus que nos guía.
3. El óleo ou santo crisma,é un aceite especial que simboliza a forza do Espírito Santo para seguir a Xesús.
4.A vestidura branca simboliza pureza e é signo da nova vida do cristián como fillo de Deus.



Tamén falábanos dos símbolos do bautismo. Se vos parecen algo largas tranquil@s, a semana que vén non mandarei nada gráfico, así que podedes ir facéndoo pouco a pouco.

Espero que, con estas aclaracións non teñades problemas para facer estas actividades que vos deixo, como sempre NON é necesario imprimilas, podedes facer nun folio as actividades e os debuxos que vos piden na segunda ficha máis ou menos para relacionalos co nome, non vos preocupedes se non vos saen como esperades, o arte é moi relativo, seguro que vos quedan xeniais.
Un bico enorme e moito!!!


SEMANA DE 13 AO 19 DE ABRIL, 2º DE PRIMARIA

Ola de novo chicas e chicos de segundo!!! Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias os atopedes ben e que aproveitedes este tempo para darvos moitos biquiños e apertas, son tan importantes estas mostras de agarimo!!!
Os personaxes que coñecimos da Biblia, igual que Xesús, amosaban o seu amor a Deus a través da oración, falaban con El, pedíanlle de corazón que os axudase e o máis importante de todo... confiaban nel.



Lembrades a quen lle chamaban "O pai da fe"?...si!!! Era a Abraham, porque el pasou moitas probas (saír da súa casa, marchar sen saber a onde...) pero sempre confiou en Deus. Imos lembrar a súa historia.




Propóñovos facer unha destas sinxelas actividades que podedes debuxar vós mesmos e vanvos lembrar esta historia. Déixovos tamén as plantillas abaixo.
 Ademáis rétovos a practicar coa vosa familia aquel xogo de confianza que fixéramos na clase deixándonos caer hacia adelante e atrás onde estaban os compañeir@s, lembrádesvos? Aquí non é exactamente igual, pero tamén volo deixo.
Moitos bicos e unha aperta ben grandota!!!













SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, SEGUNDO DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

Ola a todas e todos!!! Como estades? Espero que ben e gozando moito da vosa familia.

Se vos lembrades, a semana pasada falamos do Bautismo, un dos Sacramentos, e seguiremos comentando cousiñas sobre este sacramento á volta de Semana Santa, porque agora xa estamos a piques de rematar a Coresma e isto quere decir que vai chegar a Semana Santa.

Este ano, será unha Semana Santa diferente, pois a pasaremos nas nosas casas, pero iso non quere dicir que non poidamos prepararnos igualmente para un tempo moi especial, a Pascua, que é a festa máis importante para @s cristiáns e cristiás.
Hoxe déixovos un vídeo que explica moi ben o que viviu Xesús nesta semana fai uns 2000 anos aproximadamente, espero que vos guste!!!




Como vedes neste vídeo o importante da Semana Santa é a actitude Xesús de servizo, como cando lávalles os pes aos seus discípulos; de oración, como cando pídelle axuda a Deus para vivir eses momentos difíciles que ía pasar; e de entrega por todos nós, pero non podemos quedarnos ahí porque despóis comeza a Pascua, na que celebramos a resurrección de Xesús, unha grande esperanza para tod@s.
Invítovos a vivir estes días con esperanza , coas actitudes de Xesús, de servizo, axudando na casa no que poidamos, de oración, pedindo por tódas as persoas que o están pasando mal nestes días e de entrega, dando o mellor de nós mesmos.

Estes días importantes de Xesús, teñen un símbolo que os representa, seredes capaces de averiguar cal é de cada día?...seguro que sí.
Déixovos un imprimible que tamén podedes facer vós mesmos, debuxando as imaxes dos símbolos de abaixo (a palma, o caliz e a patena, a cruz e o cirio) e escribindo ao lado de cada un con que día se relacionan. Se o imprimides podedes decoralo e relacionalo con frechas.
Esta ficha está feita a partir de dúas imaxes do blogue de "El rincón de las Melli", moitas grazas por compartir compis!

Tamén déixovos unha manualidade que podedes montar con algo de axuda, se non tedes impresora podedes debuxala como fixen eu.




E para rematar e ver se lembrades ben todo o que viviu Xesús esa última semana, aquí tedes algúns xogos para facer online.

Gozade desta semana especial e voltamos falar á volta. Bicos e unha aperta grande!!!



SEMANA DO 23 AO 25 CEIP SEARA E CEIP DE TIRÁN 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

SEGUNDO DE PRIMARIA

Se vos lembrades, fai dúas semanas, (a pasada dedicámonos ao día de San Xosé) falamos da Cuaresma en Seara e dos amigos de Xesús en Tirán, lembrádevos???
A Cuaresma, esos 40 días antes da Semana Santa, que nos preparaban para a Pascua, non o esquezades, máis adiante mandareivos algo sobre a Semana Santa.

Hoxe tiñamos que empezar a falar da misión de Xesús, esa misión de compartir a Palabra de Deus por todo o mundo, pero antes de facelo, sabedes que foi o primeiro que fixo??? Seguro que si, pero por se acaso imos recordalo...


Iso é!!!Bautizarse, para comprobar se estivéchedes atent@s rétovos a facer a seguinte actividade.Se non tedes impresora, non vos preocupedes, podedes copiar o texto completándoo e copiar as respostas correctas do seguinte exercicio, o debuxo sempre será mellor feito por vós. 



Imos avanzar un pouquiño maís, aquí déixovos outro vídeo no que nos explican moitas cousiñas sobre o Bautismo que iremos vendo pouco a pouco. Espero que vos guste, estade moi atent@s que despois o veremos paso a paso... 



O que vos quero propoñer é o seguinte, buscade fotos do voso bautismo e preguntade na casa se podedes utilizar unha delas para esta actividade, se non é posible podedes debuxala. Como título poñede: "O día que recibín o Bautismo" ou "O meu bautizo" . Debedes poñer frechas que indiquen:

- O nome dos vosos pais.
- O nome dos padriños.
- O nome da igrexa.
- O nome do sacerdote, se o sabedes, se non preguntade.
- Como imaxinades que foi.

No caso de non estar bautizados, podedes facer o mesmo pero poñendo de título "Como imaxino que será o meu bautizo" e completade os mesmos puntos. Seguro que vos queda xenial!!!

Moito ánimo e seguimos en contacto!!! Unha aperta forte e moitos bicos!!!