Mostrando entradas con la etiqueta XOSUÉ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOSUÉ. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 23 AO 27 SEXTO DE PRIMARIA CEIP SEARA

Bos días a tod@s, como supoño que vos lembrades, nas últimas semanas, con motivo de empezar a Coresma, estivemos repasando o que era o calendario litúrxico, as cores, tempos e celebración que temos ao longo de ano na igrexa, etc.

Pero antes disto, estábamos repasando e completando o noso esquema sobre o Pobo de Israel, dende Abraham ata Xesús, quedáramos lembrando a historia de Moisés.
Hoxe vouvos poñer tres vídeos, nos dous primeiros repasamos a historia de Moisés dende que Deus o chamou para levar a cabo a misión de liberar ao seu pobo da escravitude en Exipto (lembrades como chegaran a Exipto?, invitados por Xosé, un dos doce fillos de Xacobe) e cando lles deu os Dez Mandamentos, que tamén chamábamos o Decálogo, lembrades?
No terceiro vídeo coñeceredes a Xosué, o sucesor de Moisés, co que o Pobo de Israel puido regresar a súa terra, agora ocupada por outro pobo.

Estes vídeos que ides visionar, forman parte dunha colección chamada Superlibro, onde dous irmáns, Luís e Anita son levados por Superlibro (adiviñades que libro é?) xunto con Tuercas, un robot moi simpático a diferentes momentos da historia na época do pobo de Israel ou de Xesús. Espero que vos gusten.






Bueno, agora toca completar a noso esquema, eu vouvos poñer algúns puntos aquí e vós completades, espero que á volta o teñamos terminado...Bueno, é unha longa historia, pouco a pouco.

Se non tedes impresora podedes escribilo vós mesmo@s e facer o voso propio debuxo da historia, moito ánimo e seguimos en contacto. 
Moito ánimo, bicos e unha aperta grande para tod@s!!!