Mostrando entradas con la etiqueta 3º DE PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º DE PRIMARIA. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 1º,2º, 3º DE PRIMARIA

Bos días a tod@s!!! Como estamos hoxe??? Supoño que xa empezando a estar nervios@s porque falta moi pouquiño para despedirnos ata setembro, pero polo de agora seguimos adiante.

Xa faláramos de como Xesús naceu en Belén, pero viviu en Nazaré cos seus pais de forma humilde e sinxela ata os 30 anos, a esta idade, deixou a profesión que aprendera con Xosé, (lembrades cal era?, a ver quen o lembra), para empezar a construir o Reino de Deus, porque ese Reino, xa había que empezar a construílo aquí, na Terra...pero como? Con ladrillos, con pedras, con ouro,...non, ese Reino constrúese con AMOR.

Imos ver como era un día normal na vida de Xesús...





Estas ilustracións son da  "Biblia, mira conmigo" onde o autor imaxinou como podería ser un día na vida de Xesús, polo que pon na Biblia. Fixádevos ben nos debuxos e contestade as seguintes preguntas.

Unha delas vouvos axudar eu a contestala con este vídeo espero que vos guste:



Moitos bicos e ata a semana!!!

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas!Como seguides? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

Un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema, é un pouco longo, pero está ben explicado, espero que vos guste.





Para rematar déixovos un xogo moi sinxelo sobre o que acabamos de ver, espero que vos guste. Moitos bicos e apertas para tod@s!!!

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas? Que tal vamos? Supoño que a estas alturas disfrutando xa do bo tempo e desas pequenas reunións cos amigos e coa familia...e falando de familia, quero acabar o mes igual que cando o empezamos, falando de María, porque o mes de maio, como tod@s sabedes é ese mes que dedicámoslle a María, por iso imos falar dalgunhas festas importantes adicadas a Virxe María.

Deus elexiu a María para ser a nai do seu Fillo Xesús e ela aceptóu cumprir a súa vontade.
Para a Igrexa, a Virxe María é a nai de Xesús e a de todos os cristiáns e cristiás á que lle adicamos moitas festas para celebrar momentos importantes da súa vida.

Entre elas está:
- A festa da Natividade para celebrar cando naceu María.
- A festa da Anunciación para celebrar cando o anxo Gabriel anunciulle que ía ser a mamá de Xesús.
- A festa da Visitación para celebrar cando María visitóu a súa curmá Isabel.
- A festa da Asunción para celebrar que María subiu ao ceo co seu Fillo Xesús.

As cristiás e os cristiáns tamén rezamos a María para pedirlle a súa axuda, para darlle grazas, para pedirlle un favor...e cando o facemos utilizamos oracións dedicadas a Ela como o Ave María ou aSalve.

Outra das costumes que temos os cristiáns hacia a nosa nai María é chamala por moitos nomes, aínda que isto adoita confundirnos e hai quen cre que hai moitas vírxes, pero a realidade é que solo está Ela.
Entre os nombres cos que a chamamos está: Virxe do Pilar, Virxe de Fátima, Virxe de Covadonga ou Virxe do Carmen, a patrona da parroquia de Moaña. Ao conxunto dos distintos nomes que poñemos á Virxe chamámoslle Advocacións Marianas.

Ben, despois de todo isto seguro que tedes moita información na cabeza sobre María, imos comprobar se vos quedou todo claro con esta ficha interactiva super sinxela.

Festas de María, an interactive worksheet by Gemmacj7
liveworksheets.com


Unha aperta forte e moitos bicos!!!

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 3º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas de 3º!!! Como seguides???
Eu estou moi contenta polos traballos que me ides mandando e xa vexo que as fichas interactivas as facedes moi ben, Hugo todo perfecto, noraboa!!! Tamén estou pendente de publicar os agasallos do día da nai de Alejandro, moitas grazas por compartilos.

Fai unhas semanas, publiquei un vídeo que contaba o inicio da vida pública de Xesús, cando se bautizara, saía contando unha parábola e falaba das benaventuranzas.

Hoxe déixovos a continuación dese vídeo, no que aparecen algúns milagres que fixo Xesús...lembrades o que era os milagres,  feitos extraordinarios, sen ningún tipo de explicación lóxica, que realizaba Xesús. Ademais, neste vídeo, amosa unha forma especial de tratar as persoas pecadoras, con compasión, supoño que vos lembrades desta palabra. 




Tamén déixovos este vídeo sobre os milagres de Xesús, neste caso é un vídeo da colección "Pequeña Biblia" .Espero que vos guste o vídeo, estade ben atent@s porque despois toca facer unha ficha interactiva sobre o mesmo. Podedes enviala a: raisacj7@gmail.com, como fixo Hugo. Ánimo e unha forte aperta!!!




MILAGROS DE JESUS, una ficha interactiva de Maitereli
liveworksheets.com

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas! Que tal foi o día da nai? Gustoulle o voso agasallo? Seguro que sí, porque sodes uns e unhas artistas, de feito, moit@s de vós compartíchedes conmigo o voso agasallo e quedaron tan preciosos que farei unha entrada só para amosalos. 

Como dixemos a semana pasada, estamos no mes de maio, o mes da Virxe María e neste mes sempre sacamos as acuarelas e facemos un retrato de María rodeada de flores, este ano non pode ser menos, así que invítovos a sacar o que teñades (ceras, rotus, acuarelas, témperas, pegando papeis de revistas, ...) e facer este debuxo pero enriquecido con flores ou algunha poesía para María. 


Ao longo do ano, celebramos diferentes festas na igrexa, algunhas delas refírense á vida de María: a  Natividade, a Anunciación, a Visitación, a Asunción, entre outras.
Aquí déixovos unha canción moi sinxela e bonita, que podedes aprender,..., alguén pode decirme de que momento da vida de María fala ou a que festa refírese??? Espero as vosas respostas. 
Unha aperta e un bico grande para tod@s!!!





SEMANA DEL 27 DE ABRIL AL 1 DE MAYO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Ola de novo chicos e chicas de Reli!!! Como seguides??? Supoño que moito máis content@s, despois do paseo de onte e sabendo que hoxe tamén ides poder gozar dese ratiño de liberdade, acompañados polas persoas que máis vos queren, verdade??? O tedes ben merecido!!!

Ademais esta semana comeza o mes de maio, un mes moi especial en Relixión, porque o adicamos a nai de Xesús e nosa nai do ceo, María, unha muller que foi un exemplo de valentía, posto que aínda que Deus pediulle algo moi complicado, ser a nai do seu Fillo, ela dixo :SI!!!



 Debuxos de Juan Ferrándiz Castells.




O primeiro domingo de maio, este ano o día 3, celébrase o Día da nai, e igual que comentei cando foi o día do pai, con motivo desta data, en clase de Relixión, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo a nosa nai.

Tamén quero recordarvos aos que non contades coa vosa nai en casa pola razón que sexa, podedes gardarllo ou podedes adicarlle este agasallo á persoa que pensades que o merece no seu lugar, a vosa avoa, a vosa madriña, tía...ou a persoa que coida de vós habitualmente...é unha bonita forma de agradecerlle ese agarimo que nos dá e facerlle chegar unha mensaxe: Grazas eu tamén te quero. 

A proposta deste ano é a seguinte:



E aquí déixovos, como sempre, a miña versión, é moi parecida, engado un borde á páxina e unha mensaxe. Podedes pedir axuda para facer as dobleces da folla, se só estades coa vosa nai, despois a decorades vós sós, para darlle unha sorpresa. 




Se queredes compartir conmigo o resultado final da vosa manualidade, xa sabedes, mandade a foto a: raisacj7@gmail.com

Outras ideas bonitas para facer ese día poden ser:
- Preparar un almorzo especial e ben decorado e levarllo á cama.
- Regalarlle unha masaxe, feita por vós , claro!
- Ofrecerlle un servizo de limpeza, "hoxe non limpas ti!"

Pois estas son algunhas ideas que podedes facer para celebrar ese día. 
Mándovos unha gran aperta e moitos bicos. 
Feliz semana!!!




SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL, 3º DE PRIMARIA

Bos días a todos e todas!!! Como estades hoxe? Espero que algo máis contentos, xa que pronto ides poder saír da casa, alomenos durante un ratiño.

Esta semana continuamos coa historia de Xesús, que comeza co seu bautismo, o lembrades? Imos comprobalo cunha actividade que podedes ler e completar no ordenador.
Déixovos aquí o enlace para ver o vídeo, que non está ben enlazado na ficha.

El Bautismo, an interactive worksheet by profelolareligion
liveworksheets.com


Moitos bicos, unha aperta grande e moito ánimo! 

SEMANA DO 13 AO 17DE ABRIL, TERCEIRO DE PRIMARIA

Ola a todos e todas? Como estades? Espero que tanto vós como a vosa familia esteades ben e que pasedes o mellor posible estes días, ata que ese virus lisque e nos deixe volver a gozar do que antes non valorábamos.
A semana pasada falamos do que lembrábamos e celebrábamos durante a Semana Santa, pero na anterior repasámos un pouco a historia de Xesús, se queredes podedes voltar a ver os vídeos, era moita información , polo que imos repasala pouco a pouco.




No primeiro vídeo nos fala de Xesús de pequeno, anímovos a comprobar o que lembrades xogando a este xogo.

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, 3º DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

Ola de novo a tod@s!!!Como estades? Espero que ben, esta cuarentena ten que servirnos para valorar as nosas familias, que nos fan máis levadeiros estes días e a nosa rutina diaria...as clases, @s compañeir@s, as actividades..., oxalá pronto voltemos ao cole, pero mentres moito ánimo e continuamos.
Como sabedes, estamos a piques de rematar a Coresma, porque o domingo que ven é o Domingo de Ramos, lembrades o que celebramos neste día? Por que levamos ramas de palmeira ás igrexas o domingo de Ramos?
Ademais co Domingo de Ramos comeza a Semana Santa, unha semana moi especial na que lembramos a última semana de Xesús cos seus discípulos na terra, antes de morrer e resucitar. Imos ver un vídeo que nos fala disto e despois déixovos unhas preguntas sobre o vídeo. Espero que gocedes del.



PREGUNTAS sobre o vídeo.

Aquí tedes unha canción de Valiván, que amosa o sentido cristián do servizo, da entrega de Xesús aos demais, xa antes de dar a súa vida por todos nós. 
Por aquel entonces, era costume ao chegar a unha casa, lavar os pes, que estaban sucios dos camiños de terra, isto era algo que facían os criados, sen embargo, os discípulos sorprendéronse cando Xesús, antes da cea, cun xesto moi humilde, lávalles os pes, decíndolles que Él non viu para ser servido, senón para servir.
Con este feito amósanos esa actitude de servizo que todos debemos ter coas persoas que nos rodean.



FELIZ SEMANA SANTA A TOD@S, FALAMOS Á VOLTA!!!



SEMANA DO 23 AO 27 TERCEIRO DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP DE TIRÁN

Bos días chic@s de 3º!!! Como estades pasando estes días na casa? Espero que ben. Moito ánimo, pronto voltaremos ao cole, pero por agora tócanos seguir aprendendo cousiñas de Xesús por aquí.

Estábamos comenzando a ver a súa historia, como ía á sinagoga, onde os nenos na época de Xesús, ademais de coñecer cousas sobre Deus, aprendían a ler e a escribir. Tamén vimos que, igual que nós, ía medrando axudando a súa familia na casa, na carpintería...

E cando medrou cambióu de vida, despois de ser bautizado polo seu curmán Xoan Bautista, empezou a predicar a mensaxe de Deus. Imos ver un vídeo sobre estas etapas da vida de Xesús, espero que vos guste.




Neste último vídeo, tedes un resumo do bautizo de Xesús, dun dos seus grandes sermóns, as Benaventuranzas, tamén o final da párabola da casa sobre a rocha e por último invita aos primeiros amigos a seguilo na súa misión, "ser pescadores de homes", son moitas cousas e irémolas vendo pouco a pouco.


As Benaventuranzas, son ensinanzas de Xesús cheas de esperanza para as persoas que sofren porque di delas que son benaventurado@s, é dicir, felices, xa que Deus dalle a volta a esas situacións, e no Reino dos Ceos , serán compensadas. Aquí volas deixo máis explicadas, cunha actividade, que podedes imprimir ou facer vós mem@s nun folio.







Na parábola da casa sobre a rocha Xesús quere explicar que si construímos a nosa vida con Deus, cando cheguen as dificultades, aguantaremos e non nos deixaremos vencer polas preocupacións ou situacións difíciles, aquí deíxovos un vídeo con esa parábola enteira, cantada polo grupo Valivan, rétovos a aprendela e á volta cantala.



Pouco a pouco, ireivos mandando máis cousiñas. Con isto déixovos por agora, moito ánimo, unha aperta grande e moitos bicos para tod@s!!!