Bo día chic@s maiores? Como seguides? Espero que moi ben. Fai bastante tempo falamos dos amigos de Deus, de Noé, de Abraham e hoxe tócalle o turno a Moisés, lembrades a súa historia? Déixovos un vídeo para lembrala.
Déixovos tamén esta canción e baile sobre a historia de Moisés, espero que vos guste e que a bailedes e cantedes.
E para rematar déixovos unha ficha interactiva moi sinxela, despois de facela, pinchade en enviar, poñede o voso nome, curso, a asignatura Relixión e o meu email: raisacj7@gmail.com
Bos días a tod@s, como supoño que vos lembrades, na última semana fixéramos o agasallo para o día do pai, e antes, con motivo de empezar a Coresma, estivemos repasando o que era o calendario litúrxico, as cores, tempos e celebración que temos ao longo de ano na igrexa, etc.
Pero antes disto, quedáramos repasando e completando o noso esquema sobre o Pobo de Israel, dende Abraham ata Xesús, en concreto quedáramos lembrando a historia de Xosé, lembrades? o fillo de Xacobe, que, espertara a envexa dos seus irmáns e fora vendido por eles a uns mercaderes que iban a Exipto como escravo.
Hoxe vouvos poñer un vídeo no que contan a súa historia, estade ben atent@s para ir completando o noso esquema.
Estes vídeos que ides visionar, forman parte dunha colección chamada Superlibro, onde dous irmáns, Luís e Anita son levados por Superlibro (adiviñades que libro é?) xunto con Tuercas, un robot moi simpático a diferentes momentos da historia na época do pobo de Israel ou de Xesús. Espero que vos guste.
E como estaredes pensando, Xosé invitou aos seus irmans coas súas familias a quedarse en Exipto, este feito foi o que fixo que a historia do pobo de Israel se traslade a Exipto, onde os descendentes de Xosé viviron felices e tranquilos durante moitos anos, ata que, moito máis tarde de morrer Xosé, empezaron a ser unha amenaza para o faraón, que convertiunos en escravos, e isto lévanos a historia dun home que deberíades recordar...sabedes quen?... claro Moisés, aquí vos deixo un resumo da súa historia, dende pequeno.
Esta colección, como podedes comprobar é máis infantil e sinxela, polo que deíxovos outros vídeo que explican un pouco máis como foi esa chamada de Deus a Moisés e como Deus fixo unha ALIANZA co seu pobo entregándolle os Dez Mandamentos.
Para rematar, temos que completar o noso esquema, que podería seguirasí.
Moito ánimo e vémonos pronto. Unha aperta grande para @s maiores do cole!!!
Bos días a tod@s, como supoño que vos lembrades, nas últimas semanas, con motivo de empezar a Coresma, estivemos repasando o que era o calendario litúrxico, as cores, tempos e celebración que temos ao longo de ano na igrexa, etc.
Pero antes disto, estábamos repasando e completando o noso esquema sobre o Pobo de Israel, dende Abraham ata Xesús, quedáramos lembrando a historia de Moisés.
Hoxe vouvos poñer tres vídeos, nos dous primeiros repasamos a historia de Moisés dende que Deus o chamou para levar a cabo a misión de liberar ao seu pobo da escravitude en Exipto (lembrades como chegaran a Exipto?, invitados por Xosé, un dos doce fillos de Xacobe) e cando lles deu os Dez Mandamentos, que tamén chamábamos o Decálogo, lembrades?
No terceiro vídeo coñeceredes a Xosué, o sucesor de Moisés, co que o Pobo de Israel puido regresar a súa terra, agora ocupada por outro pobo.
Estes vídeos que ides visionar, forman parte dunha colección chamada Superlibro, onde dous irmáns, Luís e Anita son levados por Superlibro (adiviñades que libro é?) xunto con Tuercas, un robot moi simpático a diferentes momentos da historia na época do pobo de Israel ou de Xesús. Espero que vos gusten.
Bueno, agora toca completar a noso esquema, eu vouvos poñer algúns puntos aquí e vós completades, espero que á volta o teñamos terminado...Bueno, é unha longa historia, pouco a pouco.
Se non tedes impresora podedes escribilo vós mesmo@s e facer o voso propio debuxo da historia, moito ánimo e seguimos en contacto.
Moito ánimo, bicos e unha aperta grande para tod@s!!!