FELIZ PASCUA!!!

Por fin chegou o tempo Pascual, este domingo de Pascua os cristiáns celebramos que Xesús venceu a morte e resucitou para lembrarnos que nos quere e que sempre vai estar connosco e por iso nós estamos moi ledos.
Aquí tedes outro vídeo sobre unha visión especial da Pascua, espero que gocedes del.
Feliz Pascua a tod@s!!!



SEMANA SANTA

Xa queda moi pouco para a SEMANA SANTA, unha semana moi especial para os cristiáns, porque nela recordamos os diferentes momentos que viviu Xesús na súa última semana na terra ... da ledicia do Domingo de Ramos pasamos a tristura do Venres Santo, para finalmente acabar cunha euforia total ante a resurrección de Xesús o Domingo de Pascua.

Deíxovos cun vídeo moi simpático de Holy Moly sobre o Domingo de Ramos co que comezamos esta semana e o Xoves Santo.






Agora veremos un recorrido desta Semana Santa da man de Fano, espero que vos guste.