Mostrando entradas con la etiqueta MILAGRES DE XESÚS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MILAGRES DE XESÚS. Mostrar todas las entradas

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 4º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas de 4º!!!
Comos seguides? Espero que moi ben, gustoume moito veros nos vídeos que algúns mandáchedes a semana pasada e os que o fixéchedes doutra forma tamén estivo moi ben, moitas grazas a tod@s!!!

Fai tempo falamos das parábolas que contaba Xesús, como a do publicano e o fariseo, agora imos continuar lembrando os milagres que fixo Xesús, ese feitos extraordinarios que non tiñan explicación e que, como sabedes, están nos evanxeos, espero que vos guste o vídeo.




Para rematar déixovos unha ficha interactiva moi sinxela sobre o vídeo. Xa sabedes que ao rematar podedes enviala a: raisacj7gmail.com

Moito ánimo!!!

MILAGROS DE JESUS, una ficha interactiva de Maitereli
liveworksheets.com

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 3º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas de 3º!!! Como seguides???
Eu estou moi contenta polos traballos que me ides mandando e xa vexo que as fichas interactivas as facedes moi ben, Hugo todo perfecto, noraboa!!! Tamén estou pendente de publicar os agasallos do día da nai de Alejandro, moitas grazas por compartilos.

Fai unhas semanas, publiquei un vídeo que contaba o inicio da vida pública de Xesús, cando se bautizara, saía contando unha parábola e falaba das benaventuranzas.

Hoxe déixovos a continuación dese vídeo, no que aparecen algúns milagres que fixo Xesús...lembrades o que era os milagres,  feitos extraordinarios, sen ningún tipo de explicación lóxica, que realizaba Xesús. Ademais, neste vídeo, amosa unha forma especial de tratar as persoas pecadoras, con compasión, supoño que vos lembrades desta palabra. 




Tamén déixovos este vídeo sobre os milagres de Xesús, neste caso é un vídeo da colección "Pequeña Biblia" .Espero que vos guste o vídeo, estade ben atent@s porque despois toca facer unha ficha interactiva sobre o mesmo. Podedes enviala a: raisacj7@gmail.com, como fixo Hugo. Ánimo e unha forte aperta!!!




MILAGROS DE JESUS, una ficha interactiva de Maitereli
liveworksheets.com

SEMANA DO 23 AO 27 QUINTO DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP DE TIRÁN

Bos días a tod@s! Xa vedes que, a pesar de non poder ir ao cole, seguimos avanzando e espero que as ganas de aprender e de facer cousas non vos abandonen.

Hoxe déixovos un vídeo que fala dos milagres de Xesús, esas cousas extraordinarias que só El podía facer por ser o Fillo de Deus. No vídeo tamén se ve como falaba coa xente a través das parábolas. Espero que gocedes del e esteades moi atent@s, porque despóis toca traballar un pouquiño.



O traballo que imos facer é moi sinxelo, consiste en elaborar unha lista cos milagres que lembredes e outra coas parábolas e facer un debuxo que se refira a un dos milagres e a unha das parábolas, podería ser algo así.

Espero que andedes ben de memoria e non esquezades ningún milagre e non escatimedes en creatividade con eses debuxos, moito ánimo e pronto voltarei a mandarvos cousiñas. 

Bicos e apertas para tod@s!!!