Bos días a todos e a todas!!! Como seguimos???Espero que ben, como vexo que ningún nin ningunha atreveuse a iniciar o seu lapbook sobre a Biblia, pensei que quizáis o vedes moi complicado ou non tedes material, ou impresora, así que decidín facelo eu tamén so con folios, rotuladores de cores e papeis de agasalllos vellos que tiña por casa. Había que intentar facer os dous primeiros puntos que eran: 1. Que é a Biblia? 2. Partes e libros.
Agora engadiríamos o terceiro punto durante esta semana que era: 3. Quen a escribiu e cando? Non vou a engadir máis puntos aínda que este é curtiño, porque quero ver se empezades e como ides. Para contestar a esto repasade o Prezzi que mandeivos a semana pasada sobre a Biblia.
Ola de novo!!!Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias vos atopedes ben. Esta semana vamos a repasar contidos que xa demos dunha forma diferente, quería propoñervos facer un lapbook en varias sesións, xa que leva tempo. Sabedes o que é un lapbook??? Seguro que si, pero por se alguén non se lembra, imos recordalo cun vídeo.
Vale, xa lembramos como facelo e neste vídeo nos din que primeiro teñades en conta o contido, neste caso imos traballar sobre a presentación que eu vos puxera sobre a Biblia, que AQUÍ vos deixo tamén. Se non tedes material para realizar o lapbook, non vos preocupedes, podedes ver a presentación, inventarvos posibles preguntas de cada apartado e escribilas coas respostas por detrás para facer un xogo de mesa para practicar coas vosas familias.
O primeiro paso sería ver os puntos que tería o noso lapbook, neste caso podería ser:
1. Que é a Biblia?
2. Partes e libros.
3. Quen escribiuna e cando?
4. En que lingua escribiuse?
5. Como buscar unha cita bíblica?
Como o imos facer en varios días ,esta semana poderíamos dedicarnos a os dous primeiros puntos, que poderían ocupar a parte central e a parte esquerda do noso lapbook.
Para escribir a información déixovos diferentes plantillas que vos poderedes usar como mellor se adapte á información que vai recoller cada unha, non tedes que imprimir todas, so as que vos interesen, se non tedes impresora a man podedes intentar reproducilas vós mesm@s, algunhas son moi sinxelas.
Tamén podedes engadir imaxes como as que eu puxen na presentación de prezzi, podedes intentar copialas, sempre quedan mellor feitas por vós, pero tamén déixovos algunhas aquí.
Espero que vos guste a proposta e que vos sirva para repasar o contido, para a semana continuamos. Unha aperta forte e moito ánimo.