Como estamos hoxe?, espero que ben, pouquiño a pouquiño imos ganando espacios para compartir coa familia e amig@s, pero lembrade, sempre con coidado e seguindo as advertencias sanitarias.
Hoxe déixovos unha tarefa moi fácil para repasar as persoas que interveñen no bautismo e os signos que se utilizan. Podedes sacar unha captura de pantalla e mandalo ou seguir a opción de mandalo a miña dirección de correo que sería: raisacj7@gmail.com
Como prefirades, mándovos unha morea de bicos e sigue pendente esa publicación das tarxetas e agasallos do día da nai, a ver se é esta semana.
Ola de novo. Como descubrín un programa que volve interactivo o que non o era, modifiquei as fichas para que podades facelas online sen ter que imprimir ou escribir, así vanvos resultar máis sinxelas. Perdoade polas molestias.
Se vos lembrades, fai dúas semanas, (a pasada dedicámonos ao día de San Xosé) falamos da Cuaresma en Seara e dos amigos de Xesús en Tirán, lembrádevos???
A Cuaresma, esos 40 días antes da Semana Santa, que nos preparaban para a Pascua, non o esquezades, máis adiante mandareivos algo sobre a Semana Santa.
Hoxe tiñamos que empezar a falar da misión de Xesús, esa misión de compartir a Palabra de Deus por todo o mundo, pero antes de facelo, sabedes que foi o primeiro que fixo??? Seguro que si, pero por se acaso imos recordalo...
Iso é!!!Bautizarse, para comprobar se estivéchedes atent@s rétovos a facer a seguinte actividade.Se non tedes impresora, non vos preocupedes, podedes copiar o texto completándoo e copiar as respostas correctas do seguinte exercicio, o debuxo sempre será mellor feito por vós.
Imos avanzar un pouquiño maís, aquí déixovos outro vídeo no que nos explican moitas cousiñas sobre o Bautismo que iremos vendo pouco a pouco. Espero que vos guste, estade moi atent@s que despois o veremos paso a paso...
O que vos quero propoñer é o seguinte, buscade fotos do voso bautismo e preguntade na casa se podedes utilizar unha delas para esta actividade, se non é posible podedes debuxala. Como título poñede: "O día que recibín o Bautismo" ou "O meu bautizo" . Debedes poñer frechas que indiquen:
- O nome dos vosos pais.
- O nome dos padriños.
- O nome da igrexa.
- O nome do sacerdote, se o sabedes, se non preguntade.
- Como imaxinades que foi.
No caso de non estar bautizados, podedes facer o mesmo pero poñendo de título "Como imaxino que será o meu bautizo" e completade os mesmos puntos. Seguro que vos queda xenial!!!
Moito ánimo e seguimos en contacto!!! Unha aperta forte e moitos bicos!!!