DESPEDíMONOS CON PARÁBOLAS

Por fin chegaron as tan ansiadas vacacións e con elas a hora de despedirnos ata o vindeiro curso.
Este ano rematamos falando das parábolas de Xesús, por iso quero deixarvos como despedida esta parábola do gran de mostaza (o prometido é débeda). 
Espero que gocedes moito do verán e que volvades en setembro coas "pilas ben cargadas" e para os de 6º que xa nos deixan desexarlles todo o mellor, seguide sendo grans de mostaza alí onde vaiades.

Moitos bicos e bo verán.