Un ano máis vivimos o tempo de Coresma recordando eses corenta días que Xesús pasou no deserto preparándose para comezar a súa vida pública, sabendo que tiña en mans unha gran misión, na cal pasaría por momentos moi difíciles, pero co seu Pai Deus ao lado o éxito da misión estaba asegurado.
Por iso, hoxe en día, 2000 anos máis tarde seguimos falando en todo o mundo do que fixo por nós Xesús, entre moitas outras cousas, dar a súa vida.
Na aula, tamén comentamos a importancia deste tempo de preparación para a festa máis importante dos cristiáns, a Pascua, e fixemos diferentes actividades para recordar o máis importante des tempo. Aquí tedes un resumo moi útil que atopamos na web.
Para rematar este tempo fixemos con todos os grupos de Educación Primeria de Relixión Católica e Evanxélica en Seara, e tamén en Tirán antes das vacacións, unha búsqueda de pistas nas que aparecían imaxes relacionadas cós últimos días da vida de Xesús que @s nen@s tiñan que ordear, servíndolles tamén para lembrar as celebracións que terían lugar durante a Semana Santa. Aquí tedes algunhas fotos da búsqueda e da recompensa...deliciosos ovos de Pascua para tod@s!!!
ALUMNADO DE 2º DO CEIP SEARA
ALUMNADO DE 5º DO CEIP SEARA
A PROFE XANDRA DE RELIXIÓN EVANXÉLICA
COMPROBANDO A CORRECCIÓN DA SECUENCIA DE IMAXES
ALUMNADO DE 6º DO CEIP SEARA
DESCUBRINDO O PREMIO DESPOIS DA PROBA: OVOS DE PASCUA!!!
BO PROVEITO E FELIZ PASCUA!!!