DOMUND 2016

Todos os anos traballamos o significado da palabra DOMUND (Domingo Mundial da Propagación da Fe) e a importancia que o noso labor, o de todos e todas os que queremos facer deste, un mundo mellor, ten para os milleiros de persoas implicados nesta tarefa.
Esta ano a nosa implicación foi aínda maior a partir do vídeo promocional desta campaña de axuda aos misioneiros e a súa misión, un vídeo que namorounos e que queremos compartir convosco.



A partir do visionado deste vídeo, un alumno do CEIP de Tirán (David de 5º) ofreceunos a posibilidade de coñecer a Araceli, unha prima da súa nai que adica as súas vacacións, a mergullarse en voluntariados solidarios en países do chamado Terceiro Mundo...por suposto e de mil amores dixemos si en ambos coles.

Araceli, ademais de compartir o seu tempo con estas persoas que, como dicía, "non teñen nada e son moito máis felices que nos", adicou duas mañás aos nenos e nenas de Relixión Católica e Evanxelica do CEIP Seara e do CEIP Plurilingüe de Tirán, polo que estamos inmensamente agradecidos.

Aquí tedes algunhas fotos da súa visita para contarnos a súa aventura de amor en Togo.


Araceli anotando cousas que lles sorprendera aos cativ@s



                         


Recibindo o noso agasallo, feito por tod@s os/as nen@s do CEIP de Tirán





 E outra vez, por ser encantadora e quedar encantados, 
recibindo outro agasallo por parte do equipo directivo do CEIP de Tirán


Outras fotos da súa visita no CEIP Seara...









Algunhas fotos dos nosos traballos para Araceli...













Araceli quiso facernos un último agasallo moi especial, esta fotografía na que sae cos nenos e nenas coas que compartiu un anaco da súa vida facéndolle un pouco mellor a deles, quero destacar a frase citada debaixo, por preciosa, e a dirección do blogue de Araceli que tamén aparece e seguro é de interese.




Desta visita saíron estes traballos para non esquecer nunca a Araceli e os milleiros de sorrisos que vai sementando polo mundo adiante.

GRAZAS ARACELI