ARRINCA O CURSO 2016 - 2017

Un novo curso arrinca con novas ilusións por sementar, novos intereses que despertar e novos tesouros que compartir...así comezamos un curso adicado ao "Deseño, bandas diseñadas (cómics) e animación" no CEIP Seara e aos "Hábitos saudables" coa creación da Milla da Curuxa e outras iniciativas saudables no CEIP Plurilingüe de Tirán.

Pola nosa banda en Relixión partimos dunha forma de presentarnos ante os demáis diferente, presentando o noso sistema emocional, deste xeito cada nena e neno diseñou como sería o seu planeta emocional, que o define e no que se representa quen é como é...con este sistema emocional e unha mensaxe dende outro planeta arrincamos...voa viaxe!!!











DÍA DA NAI 2016

Dende a clase de Relixión sempre adicamos un tempo as nosas nais, porque igual que María, a nosa nai do ceo, elas sempre están coidando de nós e o seu amor non ten límites. Os nenos e nenas do CEIP Seara e do CEIP de Tirán demostraron canto as queren con estas tarxetas de flores. Nesta actividade participaron tamén os nenos e nenas de Relixión evanxélica do CEIP Seara, aproveitando para agradecerlle a profe Xandra a súa axuda e colaboración na elaboración da actividade, así como na toma das fotografías da actividade.












Manualidade realizada pol@s alumn@ de 2º e 3º










Alumnado de 4º realizando o seu agasallo














Alumnado de 6º elaborando e ensinando o resultado final do traballo, 

Made with love...

Feliz día das nais!!!

19 DE MARZO, SAN XOSÉ, DÍA DO PAI

Na clase de Relixión Católica e Evanxélica recordamos a figura de San Xosé, o pai de Xesús na terra, un home sinxelo que aceptou unha gran misión, acoller e criar ao Fillo de Deus na terra.
Para celebralo lembramos aos nosos pais ou figuras paternais próximas e queremos agradecerlles todo o que cada día fan connosco e por nós. Grazas papis!!!



ALUMNADO DE 2º DO CEIP PLURULINGÜE DE TIRÁN


 ALUMNADO DE 4º DO CEIP PLURILINGÜE DE TIRÁN



AGASALLOS FEITOS POLO ALUMNADO DO CEIP SEARA













CORESMA, SEMANA SANTA E PASCUA 2016

Un ano máis vivimos o tempo de Coresma recordando eses corenta días que Xesús pasou no deserto preparándose para comezar a súa vida pública, sabendo que tiña en mans unha gran misión, na cal pasaría por momentos moi difíciles, pero co seu Pai Deus ao lado o éxito da misión estaba asegurado.
Por iso, hoxe en día, 2000 anos máis tarde seguimos falando en todo o mundo do que fixo por nós Xesús, entre moitas outras cousas, dar a súa vida.

Na aula, tamén comentamos a importancia deste tempo de preparación para a festa máis importante dos cristiáns, a Pascua, e fixemos diferentes actividades para recordar o máis importante des tempo. Aquí tedes un resumo moi útil que atopamos na web.













Para rematar este tempo fixemos con todos os grupos de Educación Primeria de Relixión Católica e Evanxélica en Seara, e tamén en Tirán antes das vacacións, unha búsqueda de pistas nas que aparecían imaxes relacionadas cós últimos días da vida de Xesús que @s nen@s tiñan que ordear, servíndolles tamén para lembrar as celebracións que terían lugar durante a Semana Santa. Aquí tedes algunhas fotos da búsqueda e da recompensa...deliciosos ovos de Pascua para tod@s!!!




 ALUMNADO DE 2º DO CEIP SEARA
















 ALUMNADO DE 5º DO CEIP SEARA












A PROFE XANDRA DE RELIXIÓN EVANXÉLICA

COMPROBANDO A CORRECCIÓN DA SECUENCIA DE IMAXES








ALUMNADO DE 6º DO CEIP SEARA






DESCUBRINDO O PREMIO DESPOIS DA PROBA: OVOS DE PASCUA!!!







BO PROVEITO E FELIZ PASCUA!!!