Como cada ano, este é un tempo ben acollido polos nenos e nenas, xa que saben que durante as catro semanas que dura o Advento, preparámonos para a chegada do Nadal, sendo esta, unha das festas máis agardadas e especiais para grandes e cativos.
Neste curso, como non podía ser menos, contamos co noso calendario de Advento, que nos marcaba una tarefa para realizar cada día, houbo moitos retos...pero superamos todos!!! Noraboa!!! Aquí nos tedes lendo algunha desas tarefas:
Isabel e Yoel, alumnado de 2º de E.P. do CEIP Seara.
Darío e Saray Pena, alumnado de 2º de E.P. do CEIP Seara.
Ademais, cada neno e nena tiña o seu propio calendario de Advento, de mandalas, estrelas ou coroas de Advento, no que ían marcando os días e as semanas nas que estaban, para saber así as que faltaban para a data que esperábamos, o Nadal.
Asimesmo, os nenos de 2º e 3º do CEIP de Tirán fixeron a súa propia coroa de Advento con tubos de papel hixiénico e cada semana que pasaba acendíamos unha vela con plastilina. Quedaron así de chulas:
Coroa de Advento do alumnado de 2º de E.P.do CEIP de Tirán.
Ainoha, Nico, Dani, Eva González, Mauro, Dolo, Telma, Eva Piñeiro, Roi y Pedro.
Alumnado de 2º de E.P. do CEIP de Tirán.
Iker, Uxía, Irene, Mara, Gabriel González, Gabriel Carrera y Elena.
Alumnado de 3º de E.P. do CEIP de Tirán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario