NADAL 2016

Como cada ano, neste tempo sinalado, poñémonos mans á obra para lembrar o nacemento de Xesús, así, en Seara o noso nacemento, en consonancia co proxecto de centro de animación, fíxose a través dun cómic coas escenas máis destacadas do que sucedeu por aquél entonces. Ademais contamos, como ven sendo habitual nos últimos anos, coa colaboración da profe de Relixión Evanxélica Xandra e co seu alumnado, sendo esta unha das moitas actividades compartidas.












Tamén en Tirán quixemos que o noso belén gardara relación co proxecto de vida saludable, centrado no desenvolvemento dunha milla diaria por parte de todo o alumnado e mestres e así imaxinamos que serían as conversas si na época de Xesús fixeran a milla.









BO NADAL!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario