Ademais esta semana comeza o mes de maio, un mes moi especial en Relixión, porque o adicamos a nai de Xesús e nosa nai do ceo, María, unha muller que foi un exemplo de valentía, posto que aínda que Deus pediulle algo moi complicado, ser a nai do seu Fillo, ela dixo :SI!!!
Debuxos de Juan Ferrándiz Castells.
O primeiro domingo de maio, este ano o día 3, celébrase o Día da nai, e igual que comentei cando foi o día do pai, con motivo desta data, en clase de Relixión, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo a nosa nai.
Tamén quero recordarvos aos que non contades coa vosa nai en casa pola razón que sexa, podedes gardarllo ou podedes adicarlle este agasallo á persoa que pensades que o merece no seu lugar, a vosa avoa, a vosa madriña, tía...ou a persoa que coida de vós habitualmente...é unha bonita forma de agradecerlle ese agarimo que nos dá e facerlle chegar unha mensaxe: Grazas eu tamén te quero.
A proposta deste ano é a seguinte:
E aquí déixovos, como sempre, a miña versión, é moi parecida, engado un borde á páxina e unha mensaxe. Podedes pedir axuda para facer as dobleces da folla, se só estades coa vosa nai, despois a decorades vós sós, para darlle unha sorpresa.
Se queredes compartir conmigo o resultado final da vosa manualidade, xa sabedes, mandade a foto a: raisacj7@gmail.com
Outras ideas bonitas para facer ese día poden ser:
- Preparar un almorzo especial e ben decorado e levarllo á cama.
- Regalarlle unha masaxe, feita por vós , claro!
- Ofrecerlle un servizo de limpeza, "hoxe non limpas ti!"
Pois estas son algunhas ideas que podedes facer para celebrar ese día.
Mándovos unha gran aperta e moitos bicos.
Feliz semana!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario