SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, PRIMEIRO DE PRIMARIA

Ola de novo chicas e chicos de primeiro!!! Como estades? Espero que tanto vós como as vosas familias os atopedes ben e que aproveitedes este tempo para darvos moitos biquiños e apertas, son tan importantes estas mostras de agarimo!!!
Os personaxes que estábamos coñecendo da Biblia, igual que Xesús, amosaban o seu amor a Deus a través da oración, falaban con El, pedíanlle de corazón que os axudase e o máis importante de todo... confiaban nel.



Lembrades a quen lle chamaban "O pai da fe"?...si!!! Era a Abraham, porque el pasou moitas probas (saír da súa casa, marchar sen saber a onde...) pero sempre confiou en Deus. Imos lembrar a súa historia.



Propóñovos facer unha destas sinxelas actividades que podedes debuxar vós mesmos e vanvos lembrar esta historia, déixovos as plantillas debaixo.
Ademáis rétovos a practicar coa vosa familia aquel xogo de confianza que fixéramos na clase deixándonos caer hacia adelante e atrás onde estaban os compañeir@s, lembrádesvos? Aquí non é exactamente igual, pero tamén volo deixo.
Moitos bicos e unha aperta ben grandota!!!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario