Vale, xa lembramos como facelo e neste vídeo nos din que primeiro teñades en conta o contido, neste caso imos traballar sobre a presentación que eu vos puxera sobre a Biblia, que AQUÍ vos deixo tamén. Se non tedes material para realizar o lapbook, non vos preocupedes, podedes ver a presentación, inventarvos posibles preguntas de cada apartado e escribilas coas respostas por detrás para facer un xogo de mesa para practicar coas vosas familias.
O primeiro paso sería ver os puntos que tería o noso lapbook, neste caso podería ser:
1. Que é a Biblia?
2. Partes e libros.
3. Quen escribiuna e cando?
4. En que lingua escribiuse?
5. Como buscar unha cita bíblica?
Como o imos facer en varios días ,esta semana poderíamos dedicarnos a os dous primeiros puntos, que poderían ocupar a parte central e a parte esquerda do noso lapbook.
Para escribir a información déixovos diferentes plantillas que vos poderedes usar como mellor se adapte á información que vai recoller cada unha, non tedes que imprimir todas, so as que vos interesen, se non tedes impresora a man podedes intentar reproducilas vós mesm@s, algunhas son moi sinxelas.
Tamén podedes engadir imaxes como as que eu puxen na presentación de prezzi, podedes intentar copialas, sempre quedan mellor feitas por vós, pero tamén déixovos algunhas aquí.
Espero que vos guste a proposta e que vos sirva para repasar o contido, para a semana continuamos. Unha aperta forte e moito ánimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario