Pero antes disto, estábamos repasando e completando o noso esquema sobre o Pobo de Israel, dende Abraham ata Xesús, quedáramos lembrando a historia de Moisés.
Hoxe vouvos poñer tres vídeos, nos dous primeiros repasamos a historia de Moisés dende que Deus o chamou para levar a cabo a misión de liberar ao seu pobo da escravitude en Exipto (lembrades como chegaran a Exipto?, invitados por Xosé, un dos doce fillos de Xacobe) e cando lles deu os Dez Mandamentos, que tamén chamábamos o Decálogo, lembrades?
No terceiro vídeo coñeceredes a Xosué, o sucesor de Moisés, co que o Pobo de Israel puido regresar a súa terra, agora ocupada por outro pobo.
Estes vídeos que ides visionar, forman parte dunha colección chamada Superlibro, onde dous irmáns, Luís e Anita son levados por Superlibro (adiviñades que libro é?) xunto con Tuercas, un robot moi simpático a diferentes momentos da historia na época do pobo de Israel ou de Xesús. Espero que vos gusten.
Bueno, agora toca completar a noso esquema, eu vouvos poñer algúns puntos aquí e vós completades, espero que á volta o teñamos terminado...Bueno, é unha longa historia, pouco a pouco.
Se non tedes impresora podedes escribilo vós mesmo@s e facer o voso propio debuxo da historia, moito ánimo e seguimos en contacto.
Moito ánimo, bicos e unha aperta grande para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario