SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas de 5º!!!

Esta semana xa poderemos achegarnos máis á familia e @s amig@s, gozade moito deles, pero lembrade, sempre con precaución, é polo ben de tod@s.

Por fin, despois dun mes, rematamos o noso lapbook, como sempre déixovos imaxes do meu, espero que compartades os vosos conmigo, foi un gran traballo, pero mereceu a pena e sodes uns artistas.

 


Hoxe déixovos para facer algo de repaso final da Biblia moi sinxelo, como sempre podedes mandar a solución ao meu correo electrónico: raisacj7@gmail.com


Actividades sobre la Biblia., una ficha interactiva de Isaparra
liveworksheets.com


Moitos bicos e moito ánimo!!!

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO, 2º DE PRIMARIA

Bo día chicas e chicos de segundo!!!

Como estamos hoxe?, espero que ben, pouquiño a pouquiño imos ganando espacios para compartir coa familia e amig@s, pero lembrade, sempre con coidado e seguindo as advertencias sanitarias.

Hoxe déixovos unha tarefa moi fácil para repasar as persoas que interveñen no bautismo e os signos que se utilizan. Podedes sacar unha captura de pantalla e mandalo ou seguir a opción de mandalo a miña dirección de correo que sería: raisacj7@gmail.com

Como prefirades, mándovos unha morea de bicos e sigue pendente esa publicación das tarxetas e agasallos do día da nai, a ver se é esta semana.

Ata pronto!!!


El Bautismo, una ficha interactiva de rosaliabf
liveworksheets.com

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 6º DE PRIMARIA

Bos días chicas e chicos de sexto!!! Como ides? Espero que mellor, sobre todo con esos paseos que agora podedes dar, xa queda menos para pode gozar da familia e dos amig@s, ánimo!!!

Fai algunhas semanas deixáramos o esquema no momento en que Xosué conseguira entrar na terra prometida despois de dar durante 6 días unha volta arredor da muralla e un día máis, é dicir, o séptimo día, 7 voltas máis, lembrádesvos???

Unha vez dentro o Pobo de Israel dividiuse en 12 tribus, formadas polos descendentes dos 12 fillos de Xacobe, divídese o territorio e sepáranse aínda que manteñen esa unidade pola fe en Iaveh e polos lazos de sangue.

Empeza a época dos:

XUÍCES DO POBO DE ISRAEL




Non eran, como agora, encargados de administrar xustiza, senon que eran líderes aos que todo o pobo respectaba, admiraba e seguía. Os máis destacados foron: Déborah, Jefté, Sansón, Gedeón e Samuel. Este último foi o encargado de unxir ao primeiro rei de Israel, Xaúl e máis tarde unxiría tamén, por indicación de Deus, a David...pero ese xa é outro tema do que falaremos a semana próxima, os reis do Pobo de Israel.

A tarefa para esta semana é facer vós mesmos o voso esquema sobre os xuíces e engadilo ao anterior.
Boa semana!!!



SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS CHICOS E CHICAS MAIORES!

DÉIXOVOS UN VÍDEO CUN CONTO PINCHANDO AQUÍ...PERO O CONTO ESTÁ SEN REMATAR...

A ACTIVIDADE DESTA SEMANA CONSISTE EN PENSAR CAL PODE SER O FINAL DO CONTO... 



AQUÍ DÉIXOVOS  A SOLUCIÓN, PERO NON PODEDES VELA SEN ANTES PENSAR CAL PODE SER ESE FINAL... E SE O DESCUBRIDES, POÑELO EN PRÁCTICA.


MOITOS BICOS PARA TODOS E TODAS!

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 4º DE PRIMARIA

Bos días a tod@s!!! Como van esas saídas, espero que cada vez esteades mellor. Dende aquí mándovos moita forza. Hoxe vamos coa última parte da canción dos libros da Biblia e quero lembrarvos que non tedes que aprendela, o obxectivos destas propostas de actividades é que vos vaian soando e se sodes capaces de clasificalos no seu grupo, estupendo, pero con tranquilidade. Imos aló coa canción.




Agora déixovos unha actividade que, aínda que o autor adxudicouna a nen@s de 5º, penso que vós podedes facer sen problema, os libros que lembredes da última canción van no Novo Testamento, seguro que non faiades un. Lembrade que podedes mandarme o voso traballo a dirección: raisacj7@gmail.com

Moitos bicos e unha aperta forte.  


La Biblia II 5º, una ficha interactiva de David1982
liveworksheets.com

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bos días chicos e chicas! Que tal foi o día da nai? Gustoulle o voso agasallo? Seguro que sí, porque sodes uns e unhas artistas, de feito, moit@s de vós compartíchedes conmigo o voso agasallo e quedaron tan preciosos que farei unha entrada só para amosalos. 

Como dixemos a semana pasada, estamos no mes de maio, o mes da Virxe María e neste mes sempre sacamos as acuarelas e facemos un retrato de María rodeada de flores, este ano non pode ser menos, así que invítovos a sacar o que teñades (ceras, rotus, acuarelas, témperas, pegando papeis de revistas, ...) e facer este debuxo pero enriquecido con flores ou algunha poesía para María. 


Ao longo do ano, celebramos diferentes festas na igrexa, algunhas delas refírense á vida de María: a  Natividade, a Anunciación, a Visitación, a Asunción, entre outras.
Aquí déixovos unha canción moi sinxela e bonita, que podedes aprender,..., alguén pode decirme de que momento da vida de María fala ou a que festa refírese??? Espero as vosas respostas. 
Unha aperta e un bico grande para tod@s!!!





SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA

Bo día!!!Que tal a celebración de onte? Espero que gozárades moitos das vosas nais, son un gran tesouro, e, por suposto, que lles gustara moito o agasallo que moit@s fixéchedes de Reli, de feito, quedaron tan bonitos, que teño unha entrada pendente con eses traballos, que hoxe publicarei.

Imos continuar coa proposta de facer o lapbook, a semana pasada completamos quen a cando escribiuse a Biblia, e esta semana tocarían os últimos puntos:

4. En que lingua escribiuse a Biblia?
5. Como buscar unha cita bíblica?

Como sempre sabedes que podedes buscar a información AQUÍ, no Prezzi que presenteivos en clase sobre o tema da Biblia.

Tamén déixovos os puntos da semana pasada feitos por min no meu lapbook, algunha alumna fixo un lapbook estupendo, pero publicareinos cando rematemos tod@s @s que os están facendo a semana próxima.







Para rematar déixovos cunha parábola de Xesús destas que vos gustan tanto e cunha pregunta...en que libro da Biblia está esta parábola? Moi sinxela, verdade? Xa me contaredes.
Feliz semana!!!