SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 6º DE PRIMARIA

Bos días chicas e chicos de sexto!!! Como ides? Espero que mellor, sobre todo con esos paseos que agora podedes dar, xa queda menos para pode gozar da familia e dos amig@s, ánimo!!!

Fai algunhas semanas deixáramos o esquema no momento en que Xosué conseguira entrar na terra prometida despois de dar durante 6 días unha volta arredor da muralla e un día máis, é dicir, o séptimo día, 7 voltas máis, lembrádesvos???

Unha vez dentro o Pobo de Israel dividiuse en 12 tribus, formadas polos descendentes dos 12 fillos de Xacobe, divídese o territorio e sepáranse aínda que manteñen esa unidade pola fe en Iaveh e polos lazos de sangue.

Empeza a época dos:

XUÍCES DO POBO DE ISRAEL




Non eran, como agora, encargados de administrar xustiza, senon que eran líderes aos que todo o pobo respectaba, admiraba e seguía. Os máis destacados foron: Déborah, Jefté, Sansón, Gedeón e Samuel. Este último foi o encargado de unxir ao primeiro rei de Israel, Xaúl e máis tarde unxiría tamén, por indicación de Deus, a David...pero ese xa é outro tema do que falaremos a semana próxima, os reis do Pobo de Israel.

A tarefa para esta semana é facer vós mesmos o voso esquema sobre os xuíces e engadilo ao anterior.
Boa semana!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario