SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS CHICAS E CHICOS DE RELI!!!
COMO ESTADES??? ESPERO QUE MOI CONTENTOS DE PODER SAÍR UN RATIÑO DE CASA E DAR UN PASEÍÑO.
ESTA SEMANA EMPEZA O MES DE MAIO, UN MES MOI ESPECIAL, PORQUE É O MES DAS FLORES E DE MARÍA, LEMBRADES QUEN ERA MARÍA? CLARO, A MAMÁ DE XESÚS, E EL QUISO QUE COIDARA TAMÉN DE TODOS NÓS, POR ISO DECIMOS QUE É MAMÁ DE XESÚS E TAMÉN A NOSA MAMÁ DO CEO.

DÉIXOVOS UN VÍDEO CURTIÑO SOBRE ELA DENDE ANTES DE NACER E UNHA CANCIÓN SOBRE O QUE RESPONDEU CANDO DEUS A ELIXIU PARA SER A MAMÁ DE XESÚS. ESPERO QUE VOS GUSTE.






E PARA REMATAR DÉIXOVOS UNS DEBUXIÑOS DE MARÍA, DOS QUE PODEDES ELEXIR UN E DECORAR COMO MÁIS VOS GUSTE, OU FACER OS VOSOS PROPIOS E OS MÁIS MAIORES TAMÉN PODEDES ESCRIBIRLLE ALGO BONITO OU INVENTAR UNHA POESÍA. 







POR CERTO, ESTE DOMINGO CELEBRAMOS O DÍA NAS NAIS, EU CONVÍDOVOS A FACERLLE UN DEBUXO BONITO OU UNHA SORPRESA COMO LEVARLLE O ALMORZO A CAMA, OU QUE SEXA UN DÍA NO QUE MAMÁ NON TEÑA QUE FACER NADA...XA ME CONTAREDES QUE FIXECHEDES. 

UN BICO MOI GRANDOTE PARA TOD@S VÓS E PARA AS VOSAS MAMIS!!!



SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Ola de novo!!! Como seguides??? Supoño que content@s, despois do paseo de onte e sabendo que hoxe tamén ides poder gozar dese ratiño de liberdade, acompañados polas persoas que máis vos queren, verdade??? O tedes ben merecido!!!

Ademais, esta semana comeza o mes de maio, un mes moi especial en Relixión, porque o adicamos a nai de Xesús e nosa nai do ceo, María, unha muller que foi un exemplo de valentía, porque aínda que Deus pediulle algo moi complicado, ser a nai do seu Fillo, ela dixo :SI!!!



 Debuxos de Juan Ferrándiz Castells.




O primeiro domingo de maio, este ano o día 3, celébrase o Día da nai, e igual que comentei cando foi o día do pai, con motivo desta data, en clase de Relixión, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo a nosa nai.

Tamén quero recordarvos aos que non contades coa vosa nai en casa pola razón que sexa, podedes gardarllo ou podedes adicarlle este agasallo á persoa que pensades que o merece no seu lugar, a vosa avoa, a vosa madriña, tía...ou a persoa que coida de vós habitualmente...é unha bonita forma de agradecerlle ese agarimo que nos dá e facerlle chegar unha mensaxe: Grazas eu tamén te quero. 

A proposta deste ano é a seguinte:




E aquí déixovos, como sempre, a miña versión, é moi parecida, só engado unha mensaxe. Se non tedes folios de cores, podedes aproveitar un papel de agasallo ou unha bolsa dunha de papel para a parte verde e as flores, en todo caso, mellor con folio que con cartolina. Tamén quedaríalle ben un lazo no tallo.
Se queredes compartir conmigo o resultado final da vosa manualidade, xa sabedes, mandade a foto a: raisacj7@gmail.com







Outras ideas bonitas para facer ese día poden ser:
- Preparar un almorzo especial e ben decorado e levarllo á cama.
- Regalarlle unha masaxe, feita por vós, claro!
- Ofrecerlle un servizo de limpeza," hoxe non limpas ti!"

Pois estas son algunhas ideas que podedes facer para celebrar ese día. 
Mándovos unha gran aperta e moitos bicos. 
Feliz semana!!!





SEMANA DEL 27 DE ABRIL AL 1 DE MAYO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Ola de novo chicos e chicas de Reli!!! Como seguides??? Supoño que moito máis content@s, despois do paseo de onte e sabendo que hoxe tamén ides poder gozar dese ratiño de liberdade, acompañados polas persoas que máis vos queren, verdade??? O tedes ben merecido!!!

Ademais esta semana comeza o mes de maio, un mes moi especial en Relixión, porque o adicamos a nai de Xesús e nosa nai do ceo, María, unha muller que foi un exemplo de valentía, posto que aínda que Deus pediulle algo moi complicado, ser a nai do seu Fillo, ela dixo :SI!!!



 Debuxos de Juan Ferrándiz Castells.




O primeiro domingo de maio, este ano o día 3, celébrase o Día da nai, e igual que comentei cando foi o día do pai, con motivo desta data, en clase de Relixión, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo a nosa nai.

Tamén quero recordarvos aos que non contades coa vosa nai en casa pola razón que sexa, podedes gardarllo ou podedes adicarlle este agasallo á persoa que pensades que o merece no seu lugar, a vosa avoa, a vosa madriña, tía...ou a persoa que coida de vós habitualmente...é unha bonita forma de agradecerlle ese agarimo que nos dá e facerlle chegar unha mensaxe: Grazas eu tamén te quero. 

A proposta deste ano é a seguinte:



E aquí déixovos, como sempre, a miña versión, é moi parecida, engado un borde á páxina e unha mensaxe. Podedes pedir axuda para facer as dobleces da folla, se só estades coa vosa nai, despois a decorades vós sós, para darlle unha sorpresa. 




Se queredes compartir conmigo o resultado final da vosa manualidade, xa sabedes, mandade a foto a: raisacj7@gmail.com

Outras ideas bonitas para facer ese día poden ser:
- Preparar un almorzo especial e ben decorado e levarllo á cama.
- Regalarlle unha masaxe, feita por vós , claro!
- Ofrecerlle un servizo de limpeza, "hoxe non limpas ti!"

Pois estas son algunhas ideas que podedes facer para celebrar ese día. 
Mándovos unha gran aperta e moitos bicos. 
Feliz semana!!!




SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL, 6º DE PRIMARIA, AS RELIXIÓNS

Bos días a tod@s!!! Como estades? Espero que mellor, sabendo que ides poder saír un ratiño, pouco a pouco iremos voltando, moito ánimo!

A semana pasada repasábamos a historia do Pobo de Israel a través dos patriarcas, un deles Abraham, influiu nas tres relixións maioritarias, lembrades que relixións eran estas? e as outras relixións maioritarias?...Imos facer un repasiño para non esquecer nada.



Tamén déixovos o xogo do pasapalabra, onde lembrade que as respontas poden empezar ou poden conter esa letra, espero que vos guste.

Pasapalabra religiones, an interactive worksheet by Gemmacj7
liveworksheets.com



Para rematar déixovos unha boa reflexión que fixo o Papa Xoan Paulo II, que xa nos deixou fai uns anos pero as súas palabras siguen ben vivas.



Unha aperta e moito ánimo!!!

SEMANA DO 20 AO 24, CUARTO DE PRIMARIA

Ola de novo a tod@s! Como seguides? Espero que ben, xa falta pouco para poder saír a dar un paseíño, así que, moito ánimo chic@s!!!
Gustoume ver que algúns fixéchedes a clasificación dos libros, foi un bo traballo, pero aínda quedaban dúas partes por ver.
Nesta ocasión vos propoño outra actividade, vouvos deixar unha ficha interactiva, é dicir, podedes facela dende o ordenador, tablet, ou movil e ao rematar podedes correxila ou atreveros a mandala como a tedes a miña dirección de correo (raisacj7@gmail.com) e eu vola corrixo.

Imos coa segunda parte da canción:



Libros de la BIBLIA, an interactive worksheet by Gemmacj7
liveworksheets.com

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL, 3º DE PRIMARIA

Bos días a todos e todas!!! Como estades hoxe? Espero que algo máis contentos, xa que pronto ides poder saír da casa, alomenos durante un ratiño.

Esta semana continuamos coa historia de Xesús, que comeza co seu bautismo, o lembrades? Imos comprobalo cunha actividade que podedes ler e completar no ordenador.
Déixovos aquí o enlace para ver o vídeo, que non está ben enlazado na ficha.

El Bautismo, an interactive worksheet by profelolareligion
liveworksheets.com


Moitos bicos, unha aperta grande e moito ánimo! 

SEMANA DO 20 AO 24, PRIMEIRO DE PRIMARIA, SEGUIMOS CON ABRAHAM

Bos días chic@s maiores de primeiro? Como estamos hoxe? Espero que moi ben e coa alegría de poder saír da casa dentro de moi pouquiño, polo menos durante un rato.
Abraham tamén sentiu unha profunda alegría cando viu como ao longo da sús vida se ían cumprindo as promesas que Deus lle fixera.
Imos comprobar se vos lembrades da historia con esta actividade interactiva que podedes facer dende o ordenador.


Abraham, an interactive worksheet by Mariajo1964
liveworksheets.com

Para rematar déixovos a canción de "El padre Abraham" que sei que vos gusta moito, pero tedes que bailala e cantala, eh!
Moitos bicos e unha aperta forte!!!