SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 6º DE PRIMARIA

Hola chicos e chicas maiores!!!Falta pouco para despedirnos, así que esta é a recta final, ánimo!

En sexto adoito poñer este vídeo sobre a vida de Xesús, porque, ademais de que penso que é unha obra de arte (está feito cun material parecido a plastilina, imaxinade a de tomas que levou facelo) conta dunha forma bastante fiel e moi sentida como foi a vida pública de Xesús.

É unha película completa, ou sexa que vos recomendo que preparedes palomitas porque é longa, de feito eu a poño en varias sesións, pero como este curso foi tan peculiar, vades a ser o primeiro grupo que a vexa enteira do tirón. Espero que vos guste tanto como a min.

Déixovos unhas preguntas para contestar despois sobre a película, xa borrei algunhas, pero aínda así son moitas, porque eran para facer en varias sesións, se as presentades moi ben, se non vos da tempo ou as vedes moi complicadas, porque eran preguntas que faríamos xuntos na clase, con ver a peli e decirme a vosa opinión me chegaría. 

Me están dicindo que a peli está bloqueada por dereitos de autor, eu a teño, entón se algún quere vela e non a atopa en Youtube podedes pedirme a través do correo (en contacto tedes o meu: raisacj7@gmail.com) que a comparta con vós e eu a través de google drive a comparto. Perdoade as molestias.

THE MIRACLE MAKER (EL HOMBRE QUE HACÍA MILAGROS)




CUESTIONARIO SOBRE LA PELÍCULA “THE MIRACLE MAKER”


1.        ¿QUÉ LE PASABA A LA HIJA DE JAIRO? ¿TENÍA CURA?


2.       ¿QUIÉN BAUTIZÓ A JESÚS EN EL RÍO JORDÁN? ¿QUÉ PASÓ CUANDO LO HIZO?


3.       ¿A QUÉ AMIGOS LES DIJO JESÚS QUE SE IBA A CONSTRUÍR EL REINO DE DIOS?


4.       ¿QUÉ QUERÍA DECIR LA PARÁBOLA DELA CASA SOBRE LA ROCA?



5.       DIME LOS NOMBRES DE LOS APÓSTOLES DE JESÚS QUE RECUERDES.



6.       ¿QUÉ MILAGRO HACE JESÚS DE CAMINO CUANDO VA A CURAR A LA HIJA DE JAIRO?


7.       ¿A DÓNDE FUE JESÚS A CELEBRAR LA PASCUA  JUDÍA?


8.      ¿QUÉ QUERÍA DECIR JESÚS AL LAVARLES LOS PIES A LOS APÓSTOLES?


9.    ¿A DÓNDE FUE JESÚS A REZAR DESPUÉS DE LA ÚLTIMA CENA ESA MISMA NOCHE?


10.    ¿QUÉ RECUERDA LA EXPRESIÓN “EL BESO DE JUDÁS”?


11.    ¿CUÁNDO TENTÓ EL DEMONIO A JESÚS?


12.    ¿POR QUÉ ES TAN IMPORTANTE PARA LOS CRISTIANOS LA RESURRECCIÓN?




SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, EDUCACIÓN INFANTIL

BOS DÍAS! COMO ESTADES HOXE?

QUEDA MOI POUQUIÑO PARA DESCANSAR, ASÍ QUE MOITO ÁNIMO!

HOXE DÉIXOVOS UN VÍDEO CUN CONTO, OUTRO CUNHA CANCIÓN E UNHA MOREA

DE BICOS.





DESPOIS DE VER OS VÍDEOS PODEDES CONTARME CUN DEBUXO COMO COIDADES 

VÓS ESTE MUNDO TAN BONITO, QUE É UN AGASALLO DO NOSO PAPÁ DO CEO?

AGARDO AS VOSAS RESPOSTAS. 

UNHA FORTE APERTA!!!


SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 4º E 5º DE PRIMARIA

Bos días a tod@s!!! Como estamos hoxe??? Supoño que xa empezando a estar nervios@s porque falta moi pouquiño para despedirnos ata setembro, pero polo de agora seguimos adiante.

Xa faláramos de como Xesús naceu en Belén, pero viviu en Nazaré cos seus pais de forma humilde e sinxela ata os 30 anos, a esta idade, deixou a profesión que aprendera con Xosé, (lembrades cal era?, a ver quen o lembra), para empezar a construir o Reino de Deus, porque ese Reino, xa había que empezar a construílo aquí, na Terra...pero como? Con ladrillos, con pedras, con ouro,...non, ese Reino constrúese con AMOR.

Imos ver como era un día normal na vida de Xesús...





Estas ilustracións son da  "Biblia, mira conmigo" onde o autor imaxinou como podería ser un día na vida de Xesús, polo que pon na Biblia. Fixádevos ben nos debuxos e contestade as seguintes preguntas.
Nos vos preocupedes se vos pon unha nota baixa, porque este programa se non pos exactamente unha das opcións de resposta o da por mal, pero eu non, se as mandades desde a páxina xa me chegan e eu volas corrixo, non fai falla enviarme un correo aparte. 

Unha delas vouvos axudar eu a contestala con este vídeo espero que vos guste:






Moitos bicos e ata a semana!!!

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 1º,2º, 3º DE PRIMARIA

Bos días a tod@s!!! Como estamos hoxe??? Supoño que xa empezando a estar nervios@s porque falta moi pouquiño para despedirnos ata setembro, pero polo de agora seguimos adiante.

Xa faláramos de como Xesús naceu en Belén, pero viviu en Nazaré cos seus pais de forma humilde e sinxela ata os 30 anos, a esta idade, deixou a profesión que aprendera con Xosé, (lembrades cal era?, a ver quen o lembra), para empezar a construir o Reino de Deus, porque ese Reino, xa había que empezar a construílo aquí, na Terra...pero como? Con ladrillos, con pedras, con ouro,...non, ese Reino constrúese con AMOR.

Imos ver como era un día normal na vida de Xesús...





Estas ilustracións son da  "Biblia, mira conmigo" onde o autor imaxinou como podería ser un día na vida de Xesús, polo que pon na Biblia. Fixádevos ben nos debuxos e contestade as seguintes preguntas.

Unha delas vouvos axudar eu a contestala con este vídeo espero que vos guste:



Moitos bicos e ata a semana!!!

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 6º DE PRIMARIA

Bo día!!! Como estades? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

O último día chegamos cos reis do pobo de Israel a Salomón. Cando Salomón morreu sucedeuno o seu fillo ROBOÁN, pero, pola súa forma de actuar despóticamente, unha parte do pobo non o aceptou e nomearon a un novo rei, IEROBOÁN (en castelán Jeroboán).

Así, o reino dividiuse en dous: o Reino do Norte, chamado Israel, gobernado por IEROBOÁN, coa capital de Samaria; e o Reino do Sur, chamado Xudá, gobernado por ROBOÁN, coa capital en Xerusalén.

Cando un reino divídese vólvese máis débil ante os invasores e iso foi o que pasou, Israel foi invadida por diferentes pobos, os asirios e os babilónicos, aquí queda explicado neste vídeo curtiño.




E así, tiveron que deixar o seu país, é dicir, foron exiliados. Na época do exilio destaca a figura dos PROFETAS, persoas que falaban de parte de Deus, animaban ao pobo, xa que foi unha época dura, e denunciaban as inxustizas. Destacan os profetas: ELÍAS, AMÓS, OSEAS, XEREMÍAS, ISAÍAS, DANIEL, etc.



Despois chegou a época das DOMINACIÓNS GREGA e posteriormente ROMANA, onde o pobo de Israel foi invadido por estos pobos, que intentan impoñer a súa cultura e forma de vivir, aínda que o pobo de Israel mantén a súa relixión, nesta última dominación é cando nace XESÚS DE NAZARÉ, co que a historia do Pobo de Israel, divídese entre os que cren que é o Mesías anunciado polos profetas e inician unha nova relixión, o CRISTIANISMO, e os que non o recoñecen como tal e seguen coa relixión xudea. E aquí remataría o noso esquema!!!, agora teríades que intentar resumir isto para engadilo ao esquema.





Por outra banda, un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema onde está moi ben explicado, espero que vos guste.




Para rematar s un xogo sobre o calendario litúrxico, espero que vos guste. 

Moitos bicos e apertas para tod@s!!!


SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 4º E 5º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas!Como seguides? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

Un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema onde está moi ben explicado, espero que vos guste.






Para rematar déixovos un xogo sobre o que acabamos de ver, espero que vos guste. Moitos bicos e apertas para tod@s!!!



SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA

Bo día chicos e chicas!Como seguides? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

Un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema, é un pouco longo, pero está ben explicado, espero que vos guste.





Para rematar déixovos un xogo moi sinxelo sobre o que acabamos de ver, espero que vos guste. Moitos bicos e apertas para tod@s!!!