SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 6º DE PRIMARIA

Bo día!!! Como estades? Supoño que desexando acabar, pero esta xa é a recta final, así que tomade folgos, moito ánimo e imos alá!

O último día chegamos cos reis do pobo de Israel a Salomón. Cando Salomón morreu sucedeuno o seu fillo ROBOÁN, pero, pola súa forma de actuar despóticamente, unha parte do pobo non o aceptou e nomearon a un novo rei, IEROBOÁN (en castelán Jeroboán).

Así, o reino dividiuse en dous: o Reino do Norte, chamado Israel, gobernado por IEROBOÁN, coa capital de Samaria; e o Reino do Sur, chamado Xudá, gobernado por ROBOÁN, coa capital en Xerusalén.

Cando un reino divídese vólvese máis débil ante os invasores e iso foi o que pasou, Israel foi invadida por diferentes pobos, os asirios e os babilónicos, aquí queda explicado neste vídeo curtiño.




E así, tiveron que deixar o seu país, é dicir, foron exiliados. Na época do exilio destaca a figura dos PROFETAS, persoas que falaban de parte de Deus, animaban ao pobo, xa que foi unha época dura, e denunciaban as inxustizas. Destacan os profetas: ELÍAS, AMÓS, OSEAS, XEREMÍAS, ISAÍAS, DANIEL, etc.



Despois chegou a época das DOMINACIÓNS GREGA e posteriormente ROMANA, onde o pobo de Israel foi invadido por estos pobos, que intentan impoñer a súa cultura e forma de vivir, aínda que o pobo de Israel mantén a súa relixión, nesta última dominación é cando nace XESÚS DE NAZARÉ, co que a historia do Pobo de Israel, divídese entre os que cren que é o Mesías anunciado polos profetas e inician unha nova relixión, o CRISTIANISMO, e os que non o recoñecen como tal e seguen coa relixión xudea. E aquí remataría o noso esquema!!!, agora teríades que intentar resumir isto para engadilo ao esquema.





Por outra banda, un pouco antes de deixar de ir ao cole faláramos do "Calendario litúrxico" ou "Ano litúrxico" que era a forma de repartir os tempos e festas ao longo do ano na igrexa, lembrádesvos? Hoxe para repasar déixovos un vídeo sobre este tema onde está moi ben explicado, espero que vos guste.




Para rematar s un xogo sobre o calendario litúrxico, espero que vos guste. 

Moitos bicos e apertas para tod@s!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario