Estábamos comenzando a ver a súa historia, como ía á sinagoga, onde os nenos na época de Xesús, ademais de coñecer cousas sobre Deus, aprendían a ler e a escribir. Tamén vimos que, igual que nós, ía medrando axudando a súa familia na casa, na carpintería...
E cando medrou cambióu de vida, despois de ser bautizado polo seu curmán Xoan Bautista, empezou a predicar a mensaxe de Deus. Imos ver un vídeo sobre estas etapas da vida de Xesús, espero que vos guste.
Neste último vídeo, tedes un resumo do bautizo de Xesús, dun dos seus grandes sermóns, as Benaventuranzas, tamén o final da párabola da casa sobre a rocha e por último invita aos primeiros amigos a seguilo na súa misión, "ser pescadores de homes", son moitas cousas e irémolas vendo pouco a pouco.
As Benaventuranzas, son ensinanzas de Xesús cheas de esperanza para as persoas que sofren porque di delas que son benaventurado@s, é dicir, felices, xa que Deus dalle a volta a esas situacións, e no Reino dos Ceos , serán compensadas. Aquí volas deixo máis explicadas, cunha actividade, que podedes imprimir ou facer vós mem@s nun folio.
Na parábola da casa sobre a rocha Xesús quere explicar que si construímos a nosa vida con Deus, cando cheguen as dificultades, aguantaremos e non nos deixaremos vencer polas preocupacións ou situacións difíciles, aquí deíxovos un vídeo con esa parábola enteira, cantada polo grupo Valivan, rétovos a aprendela e á volta cantala.
Pouco a pouco, ireivos mandando máis cousiñas. Con isto déixovos por agora, moito ánimo, unha aperta grande e moitos bicos para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario