SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA

Bo día a todos e todas!!!

Que tal estades? Espero que ben, estamos tendo un tempo estupendo para gozar da familia ou amig@s, así que aproveitade.

A semana pasada foi moi especial, por un lado o mércores, 13 de maio, foi o día da Virxe de Fátima e con tal motivo, fixen unha entrada para lembrarvos a súa historia no blogue de Reli. Isto pasou no noso país veciño, Portugal, así que está ben coñecer esa historia.


Por outro lado, sei que tod@s fixéchedes cousiñas adicadas ao autor homenaxeado este ano co motivo do Día das Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero. Pois dende Reli lánzovos unhas preguntas moi doadas:
- Que sentimento amosa no seu conto "As pitas baixo a choiva"?
- Que momentos da vida de Xesús ou parábolas que cotara falan dese sentimento?

Podedes contestarme cun vídeo, cun audio, cun escrito, cun debuxo, como prefirades. Déixovos unha versión moi especial do conto abaixo, espero que vos guste e agardo as vosas respostas. Ata pronto!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario