SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, EDUCACIÓN INFANTIL CEIP SEARA E CEIP P.DE TIRÁN

Bos días chicos e chicas de Infantil, esta semana decidín enviarvos un vídeo para vernos, non é o mesmo, pero espero que vos guste.






Tamén déixovos esta canción para que a cantedes cando vaiades a lavar as mans, a ver se a aprendedes!!!



Propóñovos facer nun folio, debuxados e decorados, os pasos para lavar ben as mans, se queredes podedes facelo coa axuda das vosas familias sacando fotos a cada paso:

1º Subir ben as mangas da camiseta para non mollarte.
2º Botar auga nas mans.
3º Coas mans ben molladas botar xabón e frotar ben por toda a man.
4º Quitar o xabón con auga abundante.
5º Secar ben as mans.




Seguro que Deba e Xesús alégranse moito de que lavedes ben as mans para coidarvos e coidar as persoas que vos rodean.


A semana que ven, é unha semana moi especial para @s amigos e amigas de Xesús, é a Semana Santa, gozade desta semana descansando, compartindo moitos momentos en familia e á volta vémonos con máis cousiñas. Unha manualidade bonita para facer é a nosa propia palma, a ver se algún de vós atrévese a facela.





Vémonos á volta, un bico ben grandote para todos e todas!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario