Empezamos a segunda semana de cuarentena con ganas de continuar aprendendo cousiñas de Reli. Estes días están xurdindo moitas iniciativas bonitas para apoiar as persoas que fan que poidamos estar a gusto nas nosas casas ( persoal de supermercados, farmaceutic@s, camioneiros...) e ao persoal que coida das persoas que se atopan mal como é o persoal sanitario.
Unha desas iniciativas consiste en debuxar un arco da vella e escribir nel unha mensaxe positiva, de agradecemento ou a recomendación de quedar na casa.
Este arco da vella ten relación coa Biblia, xa que, na historia de Noé, Deus está moi triste, porque o fermoso mundo que creou está a ser destruido polas persoas, que se volveran malvadas...pero...non todas, Deus atopa a Noé, un home bo ao que encárgalle a misión de construir unha arca para salvarse, xunto a súa familia e os animais do diluvio que arrasará a terra.
Cando todo remata o arco da vella simboliza o pacto que Deus fixo con Noé de que non volvería a mandar unha inundación.
Déixovos un vídeo que conta esta historia e despóis unha canción que teredes que cantar...e bailar!!!Así non esqueceredes a historia de Noé.
Tamén propoño que, si non o tedes feito, fagades o arco da vella, engadindo unha palabra ou frase bonita de ánimo, en Infantil, e unha recomendación tamén en 1º de Primaria.
Espero que vos gustaran os vídeos e que cantárades e bailárades moito. Ide gardando os debuxos ou traballiños que fagades e a volta o veremos xuntos. Tamén déixovos unha manualidade, máis para os de 1º para decorar o voso cuarto, só tedes que decorar recortar e pegar os animais subindo á arca, se non tedes impresora na casa, non vos preocupedes, podedes debuxalos vos mesmos, seguro que quedarán moito máis chulos. Moitos bicos!!!
PD: Non vos preocupedes por Deba, está coidando o cole con Xesús e durmindo un montón...
No hay comentarios:
Publicar un comentario