SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO, SEXTO DE PRIMARIA DO CEIP P. DE TIRÁN

Bos días a tod@s, como supoño que vos lembrades, na última semana fixéramos o agasallo para o día do pai, e antes, con motivo de empezar a Coresma, estivemos repasando o que era o calendario litúrxico, as cores, tempos e celebración que temos ao longo de ano na igrexa, etc.

Pero antes disto, quedáramos repasando e completando o noso esquema sobre o Pobo de Israel, dende Abraham ata Xesús, en concreto quedáramos lembrando a historia de Xosé, lembrades? o fillo de Xacobe, que, espertara a envexa dos seus irmáns e fora vendido por eles a uns mercaderes que iban a Exipto como escravo.
Hoxe vouvos poñer un vídeo no que contan a súa historia, estade ben atent@s para ir completando o noso esquema.

Estes vídeos que ides visionar, forman parte dunha colección chamada Superlibro, onde dous irmáns, Luís e Anita son levados por Superlibro (adiviñades que libro é?) xunto con Tuercas, un robot moi simpático a diferentes momentos da historia na época do pobo de Israel ou de Xesús. Espero que vos guste.



E como estaredes pensando, Xosé invitou aos seus irmans coas súas familias a quedarse en Exipto, este feito foi o que fixo que a historia do pobo de Israel se traslade a Exipto, onde os descendentes de Xosé viviron felices e tranquilos durante moitos anos, ata que, moito máis tarde de morrer Xosé, empezaron a ser unha amenaza para o faraón, que convertiunos en escravos, e isto lévanos a historia dun home que deberíades recordar...sabedes quen?... claro Moisés, aquí vos deixo un resumo da súa historia, dende pequeno. 



Esta colección, como podedes comprobar é máis infantil e sinxela, polo que deíxovos outros vídeo que explican un pouco máis como foi esa chamada de Deus a Moisés e como Deus fixo unha ALIANZA co seu pobo entregándolle os Dez Mandamentos.






Para rematar, temos que completar o noso esquema, que podería seguir así.
Moito ánimo e vémonos pronto. Unha aperta grande para @s maiores do cole!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario