SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, CUARTO DE PRIMARIA

Ola a tod@s!!!Como estades? Espero que moi ben. Seguimos nas nosas casas á espera de que este virus lisque e nos deixe tranquilos e mentres imos repasar algunhas cousiñas que xa tiñamos vistas, pero non podemos esquecer.

Primeiro déixovos unha canción que fala dos libros da Biblia, non de todos, verémolos en tres partes. Quero aclarar que esta canción non está en español de España e hai cousas que cambian, por exemplo, nomean a Deus como Jehová, sen embargo, nós nas nosas biblias atopamos que, no Antigo Testamento, se lle chama Yahvé.

A actividade que vos propoño é moi sinxela, como temos o material no cole déixovos unha ficha na que tiñamos o nome dos libros da Biblia e o grupo dentro do que estaban, o lembrades? Pois a actividade consiste en escoitar a canción e escribir nun folio os nomes destes libros, despois recortalos e mixturalos. Podedes ir collendo ao azar un nome dun libro e intentar clasificalo dentro dos diferentes grupos sen ver. Ánimo, seguro que o conseguides!!!

SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a todos e todas, como estades? Espero que moi ben, aínda que seguimos agardando que ese virus pillín nos deixe saír e disfrutar da nosa familia e dos nosos amigos e amigas. E falando de amigos, espero tamén, que esta Semana Santa, pensárades no  noso amigo Xesús, El deuno todo por amor aos seus amigos.
Déixovos un vídeo que fala dunha emocionante búsqueda dun tesouro dun grupo de amigos...a ver que vos parece...

Seguro que despois de ver este vídeo entendedes que o tesouro máis importante son os e as amig@s.
A miña proposta para esta semana é debuxar a ese amigo ou amiga especial, xunta a nós, Xesús e Deba. Aquí vos deixo o debuxo que fixen eu, podería ser algo así, ou debuxalos vós mem@s xuntiños e facerlle un marco bonito, os maiores tamén podedes intentar escribir unha cousa que vos guste dos vos@s amig@s...

 Feliz semana e moitos bicos e apertas!!!

FELIZ PASCUA 2020!

A Semana Santa, que empezou o domingo de Ramos, finalizou onte co domingo de Pacua, esta é a festa máis importante para os amig@s de Xesús, porque amósanos un camiño para a esperanza, Xesús cambia a tristeza por alegría, a escuridade por luz e a morte por vida.

Seguro que teredes vividas outras semanas santas moi diferentes a esta, pero aínda así, anímovos a contarme como foi a vosa Semana Santa 2020. Algúns e algunhas dos vos@s compañeir@s, compartiron conmigo actividades que fixeron e outras que solían facer. Espero que vos gusten e moitas grazas por compartilas.

Sofía, de 4º do CEIP P. de Tirán, na procesión de San Miguel noutro ano. Dicía que este era o primeiro ano que faltaba... Para o seguinte seguro que voltarás e o vivirás aínda de forma máis especial Sofía. Moitas grazas!!!

Cloe, de 6º de Educación Infantil do CEIP Seara, fixo estas palmas chulísimas para celebrar o domingo de Ramos. Mirade que guapas, ela e a súa irmá Lucía. Moitas grazas chicas!!!

Alba Fernández e Marcos Fernández, de 5º de Infantil e 2º de Primaria, tamén amósannos unha manualidade que estaba publicada e déixannos unha felicitación. Grazas chic@s!!!

Por último, déixovos unha canción preciosa de Valiván que fala do que estamos celebrando: "Cristo ha resucitado" e outra de Unai Quirós: "Cantamos Aleluya". Espero que vos gusten.

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, 3º DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

Ola de novo a tod@s!!!Como estades? Espero que ben, esta cuarentena ten que servirnos para valorar as nosas familias, que nos fan máis levadeiros estes días e a nosa rutina diaria...as clases, @s compañeir@s, as actividades..., oxalá pronto voltemos ao cole, pero mentres moito ánimo e continuamos.
Como sabedes, estamos a piques de rematar a Coresma, porque o domingo que ven é o Domingo de Ramos, lembrades o que celebramos neste día? Por que levamos ramas de palmeira ás igrexas o domingo de Ramos?
Ademais co Domingo de Ramos comeza a Semana Santa, unha semana moi especial na que lembramos a última semana de Xesús cos seus discípulos na terra, antes de morrer e resucitar. Imos ver un vídeo que nos fala disto e despois déixovos unhas preguntas sobre o vídeo. Espero que gocedes del.

PREGUNTAS sobre o vídeo.

Aquí tedes unha canción de Valiván, que amosa o sentido cristián do servizo, da entrega de Xesús aos demais, xa antes de dar a súa vida por todos nós. 
Por aquel entonces, era costume ao chegar a unha casa, lavar os pes, que estaban sucios dos camiños de terra, isto era algo que facían os criados, sen embargo, os discípulos sorprendéronse cando Xesús, antes da cea, cun xesto moi humilde, lávalles os pes, decíndolles que Él non viu para ser servido, senón para servir.
Con este feito amósanos esa actitude de servizo que todos debemos ter coas persoas que nos rodean.

FELIZ SEMANA SANTA A TOD@S, FALAMOS Á VOLTA!!!

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, 4º DE PRIMARIA, CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, 5º DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

Ola de novo a tod@s!!!Como estades? Espero que ben, esta cuarentena ten que servirnos para valorar as nosas familias, que nos fan máis levadeiros estes días e a nosa rutina diaria...as clases, @s compañeir@s, as actividades..., oxalá pronto voltemos ao cole, pero mentres moito ánimo e continuamos.
Como sabedes, estamos a piques de rematar a Coresma, porque o domingo que ven é o Domingo de Ramos, lembrades o que celebramos neste día? Por que levamos ramas de palmeira ás igrexas o domingo de Ramos?
Ademáis co Domingo de Ramos comeza a Semana Santa, unha semana moi especial na que lembramos a última semana de Xesús cos seus discípulos na terra, antes de morrer e resucitar. Imos ver un vídeo que nos fala disto e despois déixovos unhas preguntas sobre o vídeo. Espero que gocedes del.

CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO.

Aquí tedes unha canción de Valiván, que amosa o sentido cristián do servizo, da entrega de Xesús aos demáis, xa antes de dar a súa vida por todos nós, cun xesto moi humilde, lavar os pes aos seus discípulos, amósanos esa actitude de servizo que todos nós debemos ter coas persoas que nos rodean.

Por último déixovos un vídeo que me encanta e teredes visto algunha vez, aínda que non está de máis lembralo..."¿Cúal es la mayor locura de amor que han hecho por ti?" 

FELIZ SEMANA SANTA A TOD@S, FALAMOS Á VOLTA!!!

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL, 6º DE PRIMARIA CEIP SEARA E CEIP P. DE TIRÁN

Ola de novo a tod@s!!!Como estades? Espero que ben, esta cuarentena ten que servirnos para valorar as nosas familias, que nos fan máis levadeiros estes días e a nosa rutina diaria...as clases, @s compañeir@s, as actividades..., oxalá pronto voltemos ao cole, pero mentres moito ánimo e continuamos.
Como sabedes, estamos a piques de rematar a Coresma, porque o domingo que ven é o Domingo de Ramos, lembrades o que celebramos neste día? Por que levamos ramas de palmeira ás igrexas o domingo de Ramos?
Ademais co Domingo de Ramos comeza a Semana Santa, unha semana moi especial na que lembramos a última semana de Xesús cos seus discípulos na terra, antes de morrer e resucitar.
Imos ver un vídeo que nos fala disto dunha coleción chamada "Grandes héroes  y leyendas de la Biblia" e despóis déixovos unhas preguntas sobre o vídeo.
Espero que gocedes del. Máis adiante continuaremos co noso esquema do Pobo de Israel, así que non perdades de vista as vosas anotacións.

CUESTIÓNS sobre o vídeo.

Aquí tedes unha canción de Valiván, que amosa o sentido cristián do servizo, da entrega de Xesús aos demais, xa antes de dar a súa vida por todos nós, cun xesto moi humilde, lavar os pes aos seus discípulos, amósanos esa actitude de servizo que todos nós debemos ter coas persoas que nos rodean.