Seguro que teredes vividas outras semanas santas moi diferentes a esta, pero aínda así, anímovos a contarme como foi a vosa Semana Santa 2020. Algúns e algunhas dos vos@s compañeir@s, compartiron conmigo actividades que fixeron e outras que solían facer. Espero que vos gusten e moitas grazas por compartilas.
Sofía, de 4º do CEIP P. de Tirán, na procesión de San Miguel noutro ano. Dicía que este era o primeiro ano que faltaba... Para o seguinte seguro que voltarás e o vivirás aínda de forma máis especial Sofía. Moitas grazas!!!
Cloe, de 6º de Educación Infantil do CEIP Seara, fixo estas palmas chulísimas para celebrar o domingo de Ramos. Mirade que guapas, ela e a súa irmá Lucía. Moitas grazas chicas!!!
Alba Fernández e Marcos Fernández, de 5º de Infantil e 2º de Primaria, tamén amósannos unha manualidade que estaba publicada e déixannos unha felicitación. Grazas chic@s!!!
Por último, déixovos unha canción preciosa de Valiván que fala do que estamos celebrando: "Cristo ha resucitado" e outra de Unai Quirós: "Cantamos Aleluya". Espero que vos gusten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario