SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL, CUARTO DE PRIMARIA

Ola a tod@s!!!Como estades? Espero que moi ben. Seguimos nas nosas casas á espera de que este virus lisque e nos deixe tranquilos e mentres imos repasar algunhas cousiñas que xa tiñamos vistas, pero non podemos esquecer.

Primeiro déixovos unha canción que fala dos libros da Biblia, non de todos, verémolos en tres partes. Quero aclarar que esta canción non está en español de España e hai cousas que cambian, por exemplo, nomean a Deus como Jehová, sen embargo, nós nas nosas biblias atopamos que, no Antigo Testamento, se lle chama Yahvé.


A actividade que vos propoño é moi sinxela, como temos o material no cole déixovos unha ficha na que tiñamos o nome dos libros da Biblia e o grupo dentro do que estaban, o lembrades? Pois a actividade consiste en escoitar a canción e escribir nun folio os nomes destes libros, despois recortalos e mixturalos. Podedes ir collendo ao azar un nome dun libro e intentar clasificalo dentro dos diferentes grupos sen ver. Ánimo, seguro que o conseguides!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario