DESPEDIDA CURSO 2019/2020, 6º CEIP SEARA

Ola a todos e todas, chegou o momento da despedida, mañá remata o curso 2019/2020 e quixen facervos un vídeo para que alomenos vós podades verme, aínda que encantaríame veros a vós tamén,  hoxe puiden ver a Yaiza e a Raúl e recibir unha mensaxe especial de Rita, moitas grazas de❤!!!, pero sería estupendo poder despedirnos cunha forte aperta, aínda que neste momento terá que ser de forma telemática. 
Por certo, na entrada anterior puxen unha aclaración referida a película porque algúns me comentaron que non podían vela, déixovos indicacións para compartila con vós, xa que dende aquí parece ser que non se pode.
Adiante co vídeo, espero que vos guste.



E para rematar déixovos como agasallo de despedida este vídeo do que vos falo no anterior, unha parábola de Xesús que fala de que a máis pequena das sementes pode dar a árbore máis alta, igual que que Deus puxo grandes posibilidades en vós aínda que as veces vos sintades pequenos e unha canción moi bonita de despedida en, como non!, lingua de signos, esa lingua maravillosa que acompañounos durante este curso.
Moitos bicos e unha forte aperta!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario