DO 11 AO 15 DE MAIO, 6º DE PRIMARIA

Bo día a todos e todas!!!

Que tal estades? Espero que ben, cada vez gañamos un pouco máis de liberdade dentro deste estado de emerxencia, pero lembrade seguir as recomendacións sanitarias.

Esta semana é moi especial, por un lado o mércores , 13 de maio, foi o día da Virxe de Fátima e con tal motivo fixen unha entrada para lembrarvos a súa historia, foi no noso país veciño, Portugal, ou sexa que está ben coñecela.

Por outro lado, sei que tod@s estades facendo cousiñas adicadas ao autor homenaxeado este ano co motivo do Día das Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero. Pois dende Reli lánzovos unhas preguntas moi doadas:
- Que sentimento amosa no seu conto "As pitas baixo a choiva"? 
- Que momentos da vida de Xesús ou parábolas que cotara falan dese sentimento?

Podedes contestarme cun vídeo, cun audio, por escrito...como prefirades. Déixovos unha versión moi especial deste conto e agardo as vosas respostas. Ata pronto!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario