Bo día a tod@s! Que tal estades? Espero que moi ben.
Fai dúas semanas faláramos dos Xuíces do Pobo de Israel, esta semana seguimos cos Reis. O primeiro rei de Israel, elexido por Deus e unxido polo xuíz Samuel, foi Xaúl. Foi un bo rei, aínda que ao final afastouse de Deus e sentiu celos de David, un xoven pastor e máis tarde guerreiro, que xa fora unxido de neno polo mesmo xuíz Samuel para ser o seguinte rei de Israel.
David é moi coñecido por vencer a Goliat e compoñer os Salmos a Deus.
Despois de David reinou o seu fillo Salomón, un home que pediulle a Deus sabiduría para gobernar ao seu pobo de forma xusta e foi famoso pola súa forma de gobernar con bondade e sabiduría.
Como xa vos imaxinaredes a tarefa desta semana é completar o esquema ata aquí co que acabades de ler. Déixovos dous vídeos para que coñazades algo máis estas historias.
Moito ánimo e unha grande aperta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario