SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 6º DE PRIMARIA
SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, EDUCACIÓN INFANTIL
QUEDA MOI POUQUIÑO PARA DESCANSAR, ASÍ QUE MOITO ÁNIMO!
HOXE DÉIXOVOS UN VÍDEO CUN CONTO, OUTRO CUNHA CANCIÓN E UNHA MOREA
DE BICOS.
SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 4º E 5º DE PRIMARIA
Xa faláramos de como Xesús naceu en Belén, pero viviu en Nazaré cos seus pais de forma humilde e sinxela ata os 30 anos, a esta idade, deixou a profesión que aprendera con Xosé, (lembrades cal era?, a ver quen o lembra), para empezar a construir o Reino de Deus, porque ese Reino, xa había que empezar a construílo aquí, na Terra...pero como? Con ladrillos, con pedras, con ouro,...non, ese Reino constrúese con AMOR.
Imos ver como era un día normal na vida de Xesús...
SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO, 1º,2º, 3º DE PRIMARIA
Xa faláramos de como Xesús naceu en Belén, pero viviu en Nazaré cos seus pais de forma humilde e sinxela ata os 30 anos, a esta idade, deixou a profesión que aprendera con Xosé, (lembrades cal era?, a ver quen o lembra), para empezar a construir o Reino de Deus, porque ese Reino, xa había que empezar a construílo aquí, na Terra...pero como? Con ladrillos, con pedras, con ouro,...non, ese Reino constrúese con AMOR.
Imos ver como era un día normal na vida de Xesús...
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 6º DE PRIMARIA
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 4º E 5º DE PRIMARIA
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA
SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL
QUE TAL ESTADES HOXE? ESPERO QUE MOI BEN.
DÉIXOVOS UN VÍDEO CUNHA SORPRESA, A VER QUE VOS PARECE.
MOITOS BICOS E APERTAS!!!
SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, 4º DE PRIMARIA
Ademais neste mes sempre sacamos as acuarelas e facemos un retrato de María rodeada de flores, este ano non pode ser menos, así que invítovos a sacar o que teñades (ceras, rotus, acuarelas, témperas, pegando papeis de revistas, ...) e facer este debuxo ou outro voso personalizado, pero enriquecido con flores ou algunha poesía para María.
SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA
Deus elexiu a María para ser a nai do seu Fillo Xesús e ela aceptóu cumprir a súa vontade.
Para a Igrexa, a Virxe María é a nai de Xesús e a de todos os cristiáns e cristiás á que lle adicamos moitas festas para celebrar momentos importantes da súa vida.
Entre elas está:
- A festa da Natividade para celebrar cando naceu María.
- A festa da Anunciación para celebrar cando o anxo Gabriel anunciulle que ía ser a mamá de Xesús.
- A festa da Visitación para celebrar cando María visitóu a súa curmá Isabel.
- A festa da Asunción para celebrar que María subiu ao ceo co seu Fillo Xesús.
As cristiás e os cristiáns tamén rezamos a María para pedirlle a súa axuda, para darlle grazas, para pedirlle un favor...e cando o facemos utilizamos oracións dedicadas a Ela como o Ave María ou aSalve.
Outra das costumes que temos os cristiáns hacia a nosa nai María é chamala por moitos nomes, aínda que isto adoita confundirnos e hai quen cre que hai moitas vírxes, pero a realidade é que solo está Ela.
Entre os nombres cos que a chamamos está: Virxe do Pilar, Virxe de Fátima, Virxe de Covadonga ou Virxe do Carmen, a patrona da parroquia de Moaña. Ao conxunto dos distintos nomes que poñemos á Virxe chamámoslle Advocacións Marianas.
Ben, despois de todo isto seguro que tedes moita información na cabeza sobre María, imos comprobar se vos quedou todo claro con esta ficha interactiva super sinxela.
liveworksheets.com
Unha aperta forte e moitos bicos!!!
SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO, 5º e 6º DE PRIMARIA
.
Pois xa desde antes do seu nacemento María fora a elexida para ser a nai de Xesús, e por iso o 8 de decembro celebramos a festa da INMACULADA CONCEPCIÓN, na que lembramos que desde que María empezou a formarse no ventre da súa nai, era inmaculada, é dicir, limpa, sen pecado, naceu sen esa herencia que tod@s temos dos nosos primeiros pais, Adán e Eva, o pecado orixinal.
O 8 de setembro celébrase a festa da NATIVIDADE, que non podedes confundir co nadal, na natividade lembramos o nacemento de María, mentres que no nadal lembramos o nacemento de Xesús. Por certo ¿sabedes como se chamaban o papá e a mamá de María? A ver quen o descubre.
O último día que faleivos de María deixeivos unha canción moi bonita, espero que a aprendérades, nesa canción falábase dunha das festa que ao longo do ano dedicámoslle a María, a ANUNCIACIÓN, que tal como di a palabra e a festa na que lembramos que o anxo Gabriel anuncioulle a María que ía a ser a nai de Xesús, o fillo de Deus, esta festa celébrase o 25 de marzo.
O último día desta semana, o 31 de maio, celebramos a festa da VISITACIÓN, cando soubo que estaba embarazada, decidiu ir visitar a sús curmá Isabel que tamén estaba embarazada e tres meses máis tarde tería a San Xoán, o curman de Xesús, máis coñecido como Xoan Bautista. Alí quedouse con Isabel para axudala, pero no momento xusto no que se saludaron, Isabel notou algo especial e díxolle: "Deus te salve María, chea eres de graza, o Señor é contigo, bendita ti eres entre todas as mulleres e bendito é o froito do teu ventre, Xesús". Sónanvos estas palabras? Como se chama esta oración? Xa tedes dúas preguntas reto.
Para acabar coas festas fálovos da ASUNCIÓN é a festa que lembra que María subiu ao ceo en corpo e alma, non só coa alma e que celébrase o 15 de agosto.
liveworksheets.com
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 1º DE PRIMARIA
liveworksheets.com
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 4º DE PRIMARIA
liveworksheets.com
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 3º DE PRIMARIA
Eu estou moi contenta polos traballos que me ides mandando e xa vexo que as fichas interactivas as facedes moi ben, Hugo todo perfecto, noraboa!!! Tamén estou pendente de publicar os agasallos do día da nai de Alejandro, moitas grazas por compartilos.
Fai unhas semanas, publiquei un vídeo que contaba o inicio da vida pública de Xesús, cando se bautizara, saía contando unha parábola e falaba das benaventuranzas.
Hoxe déixovos a continuación dese vídeo, no que aparecen algúns milagres que fixo Xesús...lembrades o que era os milagres, feitos extraordinarios, sen ningún tipo de explicación lóxica, que realizaba Xesús. Ademais, neste vídeo, amosa unha forma especial de tratar as persoas pecadoras, con compasión, supoño que vos lembrades desta palabra.
liveworksheets.com
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 6º DE PRIMARIA
Bo día a tod@s! Que tal estades? Espero que moi ben.
Fai dúas semanas faláramos dos Xuíces do Pobo de Israel, esta semana seguimos cos Reis. O primeiro rei de Israel, elexido por Deus e unxido polo xuíz Samuel, foi Xaúl. Foi un bo rei, aínda que ao final afastouse de Deus e sentiu celos de David, un xoven pastor e máis tarde guerreiro, que xa fora unxido de neno polo mesmo xuíz Samuel para ser o seguinte rei de Israel.
David é moi coñecido por vencer a Goliat e compoñer os Salmos a Deus.
Despois de David reinou o seu fillo Salomón, un home que pediulle a Deus sabiduría para gobernar ao seu pobo de forma xusta e foi famoso pola súa forma de gobernar con bondade e sabiduría.
Como xa vos imaxinaredes a tarefa desta semana é completar o esquema ata aquí co que acabades de ler. Déixovos dous vídeos para que coñazades algo máis estas historias.
Moito ánimo e unha grande aperta!!!
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA
Que tal estades? Espero que ben, estamos tendo un tempo estupendo para gozar da familia ou amig@s, así que aproveitade.
A semana pasada foi moi especial, por un lado o mércores, 13 de maio, foi o día da Virxe de Fátima e con tal motivo, fixen unha entrada para lembrarvos a súa historia no blogue de Reli. Isto pasou no noso país veciño, Portugal, así que está ben coñecer esa historia.
Por outro lado, sei que tod@s fixéchedes cousiñas adicadas ao autor homenaxeado este ano co motivo do Día das Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero. Pois dende Reli lánzovos unhas preguntas moi doadas:
- Que sentimento amosa no seu conto "As pitas baixo a choiva"?
- Que momentos da vida de Xesús ou parábolas que cotara falan dese sentimento?
Podedes contestarme cun vídeo, cun audio, cun escrito, cun debuxo, como prefirades. Déixovos unha versión moi especial do conto abaixo, espero que vos guste e agardo as vosas respostas. Ata pronto!!!
DO 11 AO 15 DE MAIO, 6º DE PRIMARIA
Podedes contestarme cun vídeo, cun audio, por escrito...como prefirades. Déixovos unha versión moi especial deste conto e agardo as vosas respostas. Ata pronto!!!
PARA TOD@S!!! 13 DE MAIO, DÍA DA VIRXE DE FÁTIMA
Hoxe é 13 de maio, o día que a Virxe María aparecéuselle a tres pastorcillos en Fátima, unha localidade do noso país veciño, Portugal, alí pasou esta historia tan preciosa que aquí vos deixo cunha canción para que vos lembrades deste día.
Bicos grandes para tod@s e moitas felicidades a tódalas Fátimas!!!
E por último un xogo sinxelo para os maiores, a partir de 3º creo que podedes intentalo.
SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA
Esta semana xa poderemos achegarnos máis á familia e @s amig@s, gozade moito deles, pero lembrade, sempre con precaución, é polo ben de tod@s.
Por fin, despois dun mes, rematamos o noso lapbook, como sempre déixovos imaxes do meu, espero que compartades os vosos conmigo, foi un gran traballo, pero mereceu a pena e sodes uns artistas.
Hoxe déixovos para facer algo de repaso final da Biblia moi sinxelo, como sempre podedes mandar a solución ao meu correo electrónico: raisacj7@gmail.com
liveworksheets.com
SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO, 2º DE PRIMARIA
Como estamos hoxe?, espero que ben, pouquiño a pouquiño imos ganando espacios para compartir coa familia e amig@s, pero lembrade, sempre con coidado e seguindo as advertencias sanitarias.
Hoxe déixovos unha tarefa moi fácil para repasar as persoas que interveñen no bautismo e os signos que se utilizan. Podedes sacar unha captura de pantalla e mandalo ou seguir a opción de mandalo a miña dirección de correo que sería: raisacj7@gmail.com
Como prefirades, mándovos unha morea de bicos e sigue pendente esa publicación das tarxetas e agasallos do día da nai, a ver se é esta semana.
Ata pronto!!!
liveworksheets.com
SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 6º DE PRIMARIA
Fai algunhas semanas deixáramos o esquema no momento en que Xosué conseguira entrar na terra prometida despois de dar durante 6 días unha volta arredor da muralla e un día máis, é dicir, o séptimo día, 7 voltas máis, lembrádesvos???
Unha vez dentro o Pobo de Israel dividiuse en 12 tribus, formadas polos descendentes dos 12 fillos de Xacobe, divídese o territorio e sepáranse aínda que manteñen esa unidade pola fe en Iaveh e polos lazos de sangue.
Empeza a época dos:
Boa semana!!!
SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, EDUCACIÓN INFANTIL
AQUÍ DÉIXOVOS A SOLUCIÓN, PERO NON PODEDES VELA SEN ANTES PENSAR CAL PODE SER ESE FINAL... E SE O DESCUBRIDES, POÑELO EN PRÁCTICA.
SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 4º DE PRIMARIA
liveworksheets.com
SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA
SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO, 5º DE PRIMARIA
Imos continuar coa proposta de facer o lapbook, a semana pasada completamos quen a cando escribiuse a Biblia, e esta semana tocarían os últimos puntos:
4. En que lingua escribiuse a Biblia?
5. Como buscar unha cita bíblica?
Como sempre sabedes que podedes buscar a información AQUÍ, no Prezzi que presenteivos en clase sobre o tema da Biblia.
Tamén déixovos os puntos da semana pasada feitos por min no meu lapbook, algunha alumna fixo un lapbook estupendo, pero publicareinos cando rematemos tod@s @s que os están facendo a semana próxima.
Feliz semana!!!