Unha boa amiga e compañeira di que "En tempos difíciles sorrir é un acto revolucionario" e como en Relixión seguimos a un revolucionario do amor, Xesús de Nazaret, aínda que esteamos a vivir unha situación complicada, anímovos a non borrar o sorriso dos vosos beizos.
Este blogue iniciouse como unha ventá de cara as familias, das actividades que levamos a cabo na aula, e aínda que nestes dous últimos cursos non subira contido, a situación presente fai necesario unha actualización (aínda pendente) e un cambio de orientación, como ferramenta onde poder atopar recursos para continuar coa clase de Relixión.
Aquí déixovos algunhas propostas de actividades.
DÍA DE SAN XOSÉ
Como xabedes este xoves 19 é o día de San Xose, o home que Deus elixiu para criar ao seu fillo, e dicir, o pai adoptivo de Xesús na terra, por tanto unha figura moi importante, xunto con María para Xesús.
Aquí tedes algúns vídeos para coñecelo mellor.
Con motivo desta data, en clase de Relixión, co alumnado de Educacion Primaria, adoitamos facer un pequeno agasallo para amosar o noso agarimo aos nosos propios pais.
Quero precisar que, debido as diferentes situacións familiares presentes hoxe en día, ou a outras circunstancias da vida, nalgunhas ocasións, non contamos con esa figura paterna na casa, nestes casos adoito preguntarlles primeiro se queren dedicarlle este agasallo a outra persoa que ocupe ese lugar na súa vida ou que para eles/elas o mereza por algo en especial. Deste xeito, moit@s acordan agasallar ao seu avó, padriño... e outr@as optan pola nai, que en moitos casos fai o papel dos dous e ben o merece. En todo caso, o fan con moita ilusión e agarimo e adoita ser un día especial, cando o facemos e cando se agasalla.
A proposta deste ano é a seguinte:
CEIP SEARA
Para o primeiro e segundo ciclo de Primaria, déixovos esta lámina a que podedes acceder cun enlace pinchando aquí.
Para os maiores, a partir de 4º, déixovos un vídeo con manualidades que, con un pouco de axuda, poden quedar moi ben e son ben sinxelas. Eu fixen a primeira, tamén déixovos foto.
CEIP TIRÁN
Cos cursos de 4º, 5º y 6º a semana pasada xa levamos a cabo as nosas manualidades, unha delas esta que acabamos de ver e a otra esta que explico a continuación.
Para levar a cabo esta manualidade precisaredes:
- Unha cartolina de 10x20 cms. que dobraremos pola metade e será a tarxeta propiamente dita.
- Unha cartolina doutra cor de 9x9 cms. que será o molde para recortar a tapa da tarxeta e ademáis será a base onde pegaremos a copa, polo que teredes que pegalo por dentro da tarxeta.
- Os patrons das copas, xa que empregaremos 5 para que quede con este efecto 3D. Podedes sacalos de Internet ou utilizar os meus que os tedes aquí.
O primeiro paso será dobrar a cartolina grande pola metade e marcar cun lápis a forma da cartulina pequena enriba da tapa, sen estropeala, pois despois a utilizaremos.
O segundo paso será recortar o que acabamos de marcar e unha vez recortado pegar dentro a cartolina que serviu de molde guiándonos polo recorte que fixemos.
O terceiro paso será recortar as copas e dobralas pola metade. Agora chegamos ao punto máis complicado, deberemos pegar unha copa a outra uníndoas por unha das metades. Cando teñamos todas pegadas pegaremos a primeira metade e a última a base que pegamos dentro da tarxeta.
Por último, podemos pegar por fora "PARA PAPÁ" ou para a persoa que sea e por dentro xa con rotus de diferentes cores decoraremos con diferentes mensaxes.
Espero que non vos resultara moi difícil de entender!
Nos cursos inferiores non cheguei a propor nada, pero esta podería ser unha idea, déixovos o enlace aquí.
Esto era o que tiña pensado traballar durante estes días, a partir de mañá mandarei novo contido para continuar.
Moito ánimo, feliz día e unha aperta grande!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario