Ola a todos e todas!!! Como estades pasando estes días? Espero que este tempo de estar na casa sexa un tempo para compartir momentos coas vosas familias e valorar todo o que normalmente temos cando imos ao cole.
Fai un tempo, faleivos de que empezaba a Coresma, lembrádesvos? Pois xa estamos a piques de rematala, así que déixovos un vídeo para que sepades como foi a vida de Xesús e como pasou a súa última semana cos seus discípulos.
Tamén déixovos unha canción sobre Xesús, onde chámanlle o Salvador, porque salvounos de todas as cousas malas que, as veces, pasan ou facemos, espero que gocedes moito con ela.
Por último, déixovos un traballiño moi sinxelo para facer sobre estos días, recordándovos que o máis importante da Semana Santa é a celebración da resurrección de Xesús, é dicir, que despóis de morrer volveu a vivir, por iso celebramos a Pascua o domingo e tódolos domingos recordamos este feito tan importante, que Xesús vencéu á morte.
Aquí déixovos os debuxo para facer a manualidade, o primeiro paso sería decorar, despóis recortar e unir a pedra e a cova cun encuadernador onde sae ese puntiño, a Xesús o podedes pegalo detrás da rocha ou deixar solto para xogar con él. Se non tedes impresora podedes facer como eu e debuxalo vós mesmos.
Tamén déixovos un cirio pascual e unha cruz decorada. O cirio é unha vela máis grande que se acende en Pascua que representa que Xesús resucitou e nos guía coa súa luz. Non fai falla que a imprimades, podedes facela vós mesmos e decorala de forma orixinal.
FELIZ SEMANA SANTA, FALAMOS Á VOLTA!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario