Ides a visionar duás parábolas, que teñen moito que ver con tempo no que estamos, a Coresma, xa que é un tempo de oración, conversión e sobre todo de perdón, espero que gocedes delas e que quitedes as vosas propias conclusións.
Tamén déixovos as mesmas parábolas cantadas por Valivan, un grupo familiar que compón cancións sobre as parábolas de Xesús e que nos encantan a tod@s.
Ao rematar tedes unha proposta de actividades moi fácil e divertida, invítovos a facela.
PARÁBOLA DO FILLO PRÓDIGO OU DO PAI BO.
Para facer as actividades non fai falla que imprimades a folla, podedes completar os exercicios nun folio en branco e facer o voso propio debuxo e buscar as diferencias na mesma páxina do blogue.
PARÁBOLA DO PUBLICANO E O FARISEO.
Nesta última actividade, non todas as frases son correctas e ademáis están desordenadas, intenta descubrir as verdadeiras e ordenalas correctamente.
Estas actividades tan chulas están quitadas do: elrincondelasmelli.blogspot.com
Grazas por compartir este material!!!
E lembrade a ensinanza principal destas parábolas: na primeira que Deus sempre perdona cando volvemos arrepentidos e na segunda que cando recemos o fagamos con humildade.
Feliz semana e un bico grande para tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario